Skip to main content

Certame de xornalismo do Belén de Begonte

O xurado do
certame de Xornalismo, convocado polo Centro Cultural José Domínguez
Guizán de Begonte, co patrocinio da Xunta de Galicia, formado por: XESÚS MATO MATO, BLANCA PACÍN SOMOZA, JOSÉ RODRÍGUEZ GOMEZ e XULIO GIZ RAMIL, e acorda emitir o seguinte fallo:

Conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e estatuíña de
Sargadelos, a RUTH FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, polo artigo titulado NADAL MIUDO, publicado en www.galiciahoxe.com.

Outorgar o Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, a
KENIA VALLE, polo artigo UN BELÉN NOS AVÓS, publicado en
www.galiciadigital.com.

Pola calidade do traballo, concédese Mención de Honra, dotada con
estatuíña de Sargadelos a RAMÓN EIJO BALSEIRO, polo artigo “A CASA
BALEIRA”, publicado en www.galiciadigital.com.

Os premios serán entregados o próximo 26 de xaneiro, no decurso dos actos
de clausura do Belén Electrónico de Begonte.
Centro Cultural José Domínguez Guizán