Skip to main content

As obras do Certame de Pintura do Belén Electrónico, na Casa da Cultura de Begonte

Estas obras estiveron expostas na sala de arte do edificio da Xunta de Galicia en Lugo, desde o 28 do pasado decembre ata o 15 de xaneiro.

Desde o 16 de xaneiro ao remate da campaña do Nadal, na Casa de Cultura de Begonte, no seu horario de apertura de 17,15 a 20,00 h.

O Premio deste Certame, dotado con 1.500€ e estatuíña de Saargadelos foi
para a lucense NOA PERSÁN, pola sua obra IMPRONTAS ATEMPORAIS. E
concedéronse cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos para FRANCISCO MACEIRA RODRÍGUEZ, pola obra “SADA DENDE O OUROVELLO”; JOSÉ MANUEL PEÑA ROMAY, por “PORTO DEPORTIVO O PARROTE” e CARMEN LOLO POMBO, pola obra CATEDRAL DE LUGO.

Os premios serán entregados o 26 de xaneiro, sábado, no decurso dos actos de clausura da XLI edición de O NADAL EN BEGONTE.
Centro Cultural José Domínguez Guizán