Skip to main content

Colectivos sociais organizan a 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais

Recordamos que a Renda Básica das Iguais consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades e que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

O obxectivo é a distribución das rendas acumuladas nas mans duns poucos, para dar resposta á exclusión que está a afogar cada día a máis persoas, mentres que os prazos de espera e criterios para acceder a prestación irrisorias como a RISGA non fan máis que aumentar. A longo prazo, a proposta trata de contribuír á transformación social desde parámetros de equidade e xustiza social.

Palestras, aulas abertas co alumnado de Traballo Social, un obradoiro sobre Renda Básica e Xénero, a gravación dun documental divulgativo sobre esta proposta e xuntanzas con profesionais do ámbito social e colectivos en situación de exclusión, como persoas con VIH, familiares de presas e presos, ou mocidade, son algunhas das actividades que compoñen a programación desta primeira semana galega pola RBIs.

De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta, colectivos sociais de distinta índole, mais que coinciden na necesidade de facer fronte á precarización das condicións de vida nos que se atopan polo menos seis de cada dez fogares galegos -segundo os últimos datos do IGE referente ao ano 2012-, decidiron dar un paso máis na loita polo dereito a vivir dignamente. Moverse para dar a coñecer unha proposta que, de ser implementada, garantiría que ao menos persoas en situación de maior exclusión, puideran dispoñer dunha renda ao redor dos 800 euros ao mes.

Entre os colectivos que están a organizar esta 1ª Semana Galega pola RBIs están: Coordinación de Loitas Baladre, Oficina de Dereitos Sociais COIA-Vigo, Grupo de Axitación Social, CS Bou Eva (Vigo), Colectivo de Benestar Social, Encontro Social de Ferrolterra, Coruña en Loita, Liga Estudantil Galega, Colectivo Na Encrucillada e a Cova da Terra (Lugo) ou a CNT e o Ateneo Libertario de Allariz.

A continuación, a programación completa de actividades:

25 Xaneiro
Pontevedra. 20:00hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. CS O Gorgullón Organiza: Colectivo Encontro Benestar Social.

26 Xaneiro
Couña. 12:00hs Fórum Própolis.
Compostela. 16:30hs Obradoiro “A Rbis desde unha ollada feminista”. Libraría Lila de Lilith.
Vigo. 17:00hs CS Xunt@s.
Ferrol. 18:00hs Local Asociación Fuco Buxán. Organiza: Encontro Social Ferrolterra

27 Xaneiro
Allariz. 18:00hs Local Confederal da CNT. Organiza: CNT e Ateneo Libertario

28 Xaneiro
Ourense. 19:30hs Espazo Cultural Alternativo (EsCuA).

29 Xaneiro
Compostela. 19:00hs Faculdade de Cc. Económicas. Organiza: Liga Estudantil Galega.
As Pontes. 20:00hs Sala Polivalente Casa Dr. Dopeso.

30 Xaneiro
Lugo. 19:30hs Facultade de Formación do Profesoarado. Organiza: A Cova da Terra e Na Encrucillada.

31 Xaneiro, Peche das actividades en Vigo.
11:30hs Centro Cívico Casco Vello.
20:30hs Centro Social Bou Eva.
A Cova da Terra: Comercio xusto, consumo responsable