Skip to main content

Homenaxe ó prof. Dieter Kremer. Novi te ex nomine, novo título editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza na súa serie Biblioteca Filolóxica de Galicia

Novi te ex nomine. Estudos filolóxicos ofrecidos ao Prof. Dr. Dieter Kremer
Publicación editada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza na súa serie Biblioteca Filolóxica Galega que se realiza en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILGA).
O profesor Dieter Kremer é catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Tréveris (Alemaña). A súa vinculación con Galicia data da década de 1960, e desde entón vén estimulando as relacións non só académicas, entre a Universidade alemá e a de Santiago, senón tamén as culturais entre os dous países. A súa especialidade é a onomástica románica, e desde ela realizou importantes estudos sobre os nomes propios en Galicia, especialmente da época medieval, que contribuíron a dar a coñecer este aspecto da nosa realidade lingüística ante a comunidade científica internacional. Como promotor do proxecto PatRom, que ten como obxecto os apelidos nos ámbitos de fala románica, tamén deu pulo ó estudo da antroponimia en Galicia, tanto desde o punto de vista histórico como sincrónico.
Fundación Pedro Barrié de la Maza