Skip to main content

A Asociación Marusia reunirase co Valedor do Pobo polo cobro das pensións

O 13 de outubro, a Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados solicitaballe ao Valedor do Pobo reunion e onte reunianse para explicarlle o roubo as persoas que reciben pensións de Estados Estranxeiros.

Na documentación entregada na reunión explicóuselle que milleiros de emigrantes galegos retornados con pensión do estranxeiro están a recibir requerimentos da Axencia Tributaria Española con comunicación de sancións, mentres aos auténticos defraudadores fiscais o Goberno español lles concede amnistía.

Que as afectadas e afectados por esta decisión inxusta descoñecían estas obrigas tributarias. E ademáis a Coordinadora considera inmoral a imposición de sancións a un colectivo que percibe pensións tan baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro.

Tamén se lle comunicou que a Axencia Tributaria obriga a facer as declaracións dende o ano 2008 e a pagar a totalidade da cantidade resultante nun prazo de dez días con intereses de demora e con carácter retroactivo.

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, ante o Valedor do Pobo, esixe:

• Revogación dos expedientes xa iniciados e devolución do pagado.

• Anulación dos expedientes sancionadores.

• Non ao cobro de intereses de demora por parte da Axencia Tributaria Española.

• Modificación da Lei para garantir a igualdade de trato para os emigrantes retornados.

No encontro o Valedor do Pobo comprometeuse a atender as peticións da Coordinadora e facerllas chegar tanto a Xunta como ao Estado.
Asociación Marusia