Skip to main content

Os servicios de emprego da FAXPG xestionaron 98 contratos de traballo para persoas con discapacidade auditiva no 2004

No ano 2004, os Servicios de Emprego da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) xestionaron 98 contratos en empresas ordinarias para persoas con discapacidade auditiva. Dezasete destes contratos son indefinidos. Quince dos contratos xestionados, enmárcanse dentro do convenio asinado entre a FAXPG e a Obra Social Caixa Galicia. En virtude deste convenio, a Obra Social sufraga os gastos salariais do/a traballador/a durante o período de proba. En todo o proceso de inserción laboral a FAXPG pon a disposición de empresarios e/ou traballadores/as o Servicio de Intérpretes de Lengua de Signos Española de xeito totalmente gratuíto. O Servicio de Emprego da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, é un servicio gratuíto dirixido ó colectivo de demandantes de emprego con discapacidade auditiva. Forma parte do Servicio Galego de Colocación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia desde o ano 1997.

 

 
Mónica Abuín (responsable de prensa de FAXPG)