O Plan de Emigración de Galicia 2014-2016 garante a atención aos residentes no exterior
O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou na rolda de prensa do Consello o Plan integral de emigración 2014-2016 co obxectivo de garantir a atención dos residentes no exterior, fomentar a unión ou fusión de entidades, incorporar con maior intensidade á vida dos centros galegos ás mulleres e aos mozos e seguir facendo partícipes ás comunidades galegas no exterior na estratexia de internacionalización e apertura da economía galega.
Durante a súa intervención, Feijóo afirmou que o plan foi presentado na última sesión da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, “obtendo o seu visto e prace”; e que nace “para a emigración, para que saiban que seguen a ser unha parte fundamental de Galicia”.
Dentro dos principais obxectivos desta nova iniciativa, Feijóo destacou en primeiro lugar un obxectivo asistencial, é dicir, seguir garantindo a necesaria atención, asistencia e protección dos galegos en situación de maior precariedade en función dos países de residencia. Nesta liña, expresou o obxectivo de “seguir priorizando as partidas de contido social para eses galegos”.
No eido económico, fixo fincapé en que o plan avoga ademais por seguir facendo partícipes ás comunidades galegas no exterior na estratexia de internacionalización, especialmente naqueles países onde os galegos tiveron maiores posibilidades de desenvolvemento. E, como terceiro obxectivo referiuse ao fomento dos procesos de unión ou fusión das comunidades e entidades galegas; “fusionar as entidades de carácter local e comarcal para facer grandes entidades nos principais países da colectividade galega”.
Sobre este último aspecto, lembrou o éxito da fusión de todos os centros de Cataluña en dúas agrupacións e o éxito da fusión de todos os centros cubanos nun único centro; ademais da fusión de dous centros en Nuremberg e doutros dous en Uruguai.
Así mesmo, subliñou que o plan ten tamén como finalidade dar un importante pulo á participación igualitaria das mulleres na Galeguidade. A ese respecto, afirmou que a Xunta se compromete a potenciar esa tendencia dentro das súas posibilidades, respectando a independencia das xuntas directivas.
Coa finalidade de garantir o relevo xeracional nas entidades galegas na diáspora, Feijóo matizou que o plan avoga tamén por fortalecer o proceso de plena integración da xuventude na vida diaria das comunidades galegas do exterior.
O titular da Xunta referiuse tamén á necesidade de preservar o patrimonio material e inmaterial das entidades, ante a importancia histórica e cultural do patrimonio que atesouran algúns centros como a sede da Habana, Caracas ou Bos Aires. E resaltou o obxectivo do retorno como un obxectivo compartido para establecer as mellores condicións posibles para que a transferencia dos coñecementos e experiencias da diáspora sexa aproveitada en Galicia.
O presidente da Xunta concluíu a súa intervención afirmando que se trata dun plan “que prevé a emigración non só como unha cousa do pasado, senón como unha cousa para poñer en valor no futuro”: con novas incorporacións desde as novas xeracións, con novas fórmulas de asociacionismo e con novas achegas, facilitando a introdución da economía galega nos seus países de destino.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia