Acto do Centro Galego de Barcelona en Lugo
Manuel Rodríguez López, cronista dos galegos en Catalunya e do centro galego, considerado o mellor poeta obreigo galego do século XX, foi o vencello entre os galegos da emigración catalana e a súa Galicia natal, cunha importante obra poética e narrativa na que destaca a constante preocupación polos temas obreiros e labregos, e a permanente divulgación do labor cultural e social dos galegos afincados en Catalunya.
O pasado 11 de outubro inaugurouse no Centro Galego de Barcelona a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, coa colaboración do concello de Paradela, Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, concello de Lugo e Real Academia Galega. Con motivo da apertura desta mostra, a directiva do Centro Galego acordou nomear socio de honra a título póstumo ao que fora socio distinguido e o seu cronista oficial. Esa distinción efectúase agora na capital lucense.
Teñen confirmada a súa participación o Presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete; Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; e Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística. Neste acto recitará dous poemas de Manuel Rodríguez López o escritor lucense Xavier Rodríguez Barrio, e a familia expresará o seu recoñecemento en palabras da viuva de Manuel Rodríguez, e a través dunha mensaxe do profesor Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, desde Bristol (Reino Unido).

X.X.