Skip to main content

La Federación Ecoloxista Galega valora de lamentable as comparecencias de Barreiro e López Veiga ante a Comisión do Prestige

O Sr Barreiro tomou como súas as labores de limpeza, rexeneración e revexetación dos hábitats costeiros, e en concreto a recuperación dos ecosistemas dunares. Distas Actuacións foron realizadas polo Ministerio de Medio Ambiente a través de Demarcación de Costas. Asegurou a constante vixilancia destas labores por parte da súa Consellería, cando na práctica, nas praias non había ninguén da Consellería de Medio Ambiente, agás os Axentes Medioambientais cando se reclamaban para a recollida de algunha ave. A Consellería de Medio Ambiente, en tarefas de Medio Ambiente, limitouse a ter un representante na Comisión de seguimento creada na Coruña, dependente despois do Comisionado creado a tal efecto.

A DÍA DE HOXE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE NON PUXO NI UN EURO Á RESTAURACIÓN DOS ECOSISTEMAS DANADOS.

Con respecto ao dispositivo de recollida e recuperación de aves, a Consellería de Medio Ambiente non organizou tal, simplemente enganchouse ao carro dos feitos. Os grupos Ecoloxistas galegos, coordinados pola Federación Ecoloxista (para a Coordinación dos voluntarios galegos) e Seo/Birdlife, organizando aos voluntarios de fora de España principalmente, e ADENA por iniciativa propia en Pontevedra puxéronse en contacto e se organizáronse cos axentes forestais no mesmo campo, nunca se coordinou dende a Consellería. Pola contra, a Consellería de Medio Ambiente facilitou a descoordinación, cambiando ata catro veces os teléfonos de contacto polos que os voluntarios avisaban para que se fose a recoller as aves (112, 085, posteriormente puxeron un nº de telefonía mobil dun coordinador de zona, finalmente voltaron ao 085). todo isto en menos dun mes.
A organización das labores de lavado das aves petroleadas foi gracias aos protocolo realizado pola expereriencia do IFAW principalmente, SEO/Birdlife, E os grupos locais próximos aos centros de recuperación. A Consellería limitouse a pasa-los a papel, e xestionar os recursos necesarios e as instalacións.
O Sr. Barreiro anunciou as melloras destes centros de recuperación de fauna silvestre, anuncio feito aos poucos de tomar posesión do seu posto, e incluso afirmou de haber unha partida presupostaría. A día de hoxe non hai nada.
O Sr Barreiro minte ao asegurar a recuperación de especies ameazadas como o arao dos cons ou a gaivota tridáctila, pois no 2004 so houbo en toda Galicia unha suposta parella reproducíndose de arao, e o 50% de parellas de gaivota tridáctila das habidas antes da catástrofe. O sr. Conselleiro mesturou os datos destas especies, cos de outras máis comúns como a gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado, para agochar a dramática situación das especies ameazadas de desaparición do nosos territorio.
Cando falou dos residuos producidos polo Prestige, evitou falar da toxicidade do fuel, e concretamente das elevadas concentracións de xofre, un dos principais motivos polo que a UE prohibe o uso deste tipo de fuel no seu territorio. O Conselleiro quere agochar a contaminación que producirá o seu tratamento.
O Conselleiro de Medio Ambiente evitou contestar en todo momento as preguntas concretas, do grupos da oposición, que poderían aclarar máis unha exposición especulativa.

O Conselleiro de Pesca non dixo nada.
Pola súa parte, o sr. López Veiga, limitouse a realizar unha exposición, na que se trataou de explicar o aloxamento do barco e a súa opinión no proceso do manexo da situación, para rematar dicindo que todo o exposto non era da súa competencia. Efectivamente, todo o tratado explicar polo Conselleiro de Pesca, son competencias da Administración central, polo que consideramos unha táctica de desviar a atención.
En temas de pesca (redución de capturas, a toxicidade das augas para a reprodución das especies e o mal estado do medio mariño a raíz da marea negra) evitou falar. Tampouco quixo explicar as como é posible vaia tan ben en Galicia (segundo a súa postura), mentres en outras autonomías afectadas, caso do Pais Vasco, están a pasalo tan mal ao detectar problemas consecuencia do Prestige, e están a solicitar novas axudas.

A FEG, a raiz da primeira xornada da Comisión do Prestige, ve unha clara postura da Administración, de ocultar o acontecido e provocar o fracaso da Comisión. Se non se expón a realidade dos feitos, as conclusións desta Comisión non van servía para corrixir os erros para o futuro.
Xosé Luis Baleato (Federación Ecoloxista Galega)