Apróbase o Plan Anual 2015 da cooperación galega cun orzamento de 4.1 millóns
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presidiu a xuntanza plenaria do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode), que contou coa asistencia dos representantes dos axentes galegos de cooperación.
O principal punto da orde do día foi a presentación do Plan Anual 2015 da Cooperación Galega para o Desenvolvemento elaborado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que recolle as actuacións previstas para o vindeiro ano e que cun orzamento de 4,1 millóns de euros, o que supón o mantemento dos fondos con respecto ao este ano.
O Plan aposta pola utilización principal do instrumento das convocatorias publicas de concorrencia competitiva. Así, publicaranse todas as convocatorias de axudas que tradicionalmente xestiona a Cooperación galega como son as de proxectos no exterior, fortalecemento e consolidación de ONGD, educación para o desenvolvemento, acción humanitaria e bolsas de formación. Así mesmo asínanse convenios de colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD, o FOGACOSOL e as Universidades Galegas, entre outros.
Este Plan Anual está enmarcado no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 e afonda no logro dos resultados de xestión recollidos no dito Plan Director cara á mellora da eficacia da axuda a través da concentración xeográfica e sectorial da mesma, á maior coordinación dos actores e complementariedade das súas actuacións e á orientación estratéxica das actuacións de cooperación que poña en valor as singularidades da nosa Comunidade.
85 proxectos financiados en 2014
Doutra banda, na xuntanza do Congacode o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, informou sobre os resultados da execución do Plan Anual 2014. O actual plan foi executado na súa totalidade, financiándose un total de 85 proxectos, o que da mostra un ano máis a solvencia como sinal de identidade da cooperación galega.
Finalmente, presentouse o informe “Coherencia de políticas para o desenvolvemento e gobernos descentralizados”. A coherencia de políticas, entendida como a integración da perspectiva do desenvolvemento no conxunto da acción gobernamental, aparece recollida como unha das liñas de acción do III Plan Director, na que se esta xa a traballar con instrumentos como a inclusión de cláusulas socias na contratación o a RSC empresarial.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia