Skip to main content

Fernando Villalba Navarrete, gañador do XXV Certame de Arte José Domínguez Guizán de Begonte

Na sala de arte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, reuníuse o Xurado do XXV CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo centro cultural do mesmo nome, impulsor do Belén Electrónico de Begonte. Os premios entréganse na ceremonia de clausura do Belén de Begonte, o 31 de xaneiro.

O Xurado está formado por:

- AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo.
- MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor.
- GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA, pintor.
- Secretario (sen voz nin voto), representando ao centro cultural convocante, XULIO XIZ.

Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de arte, na súa XXV edición á obra presentada por FERNANDO VILLALBA NAVARRETE, de Lugo.

E pola calidade das obras presentadas, concédense cadansúa mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos ás obras presentadas por VALENTÍN FERNÁNDEZ VILA, de A Pobra do Brollón e EDUARDO FERNÁNDEZ GARCÍA-GESTO de Lugo.

Os premios serán entregados o próximo 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura da XLIII edición de O NADAL EN BEGONTE. As obras presentadas ao Certame están exportas ata o quince do presente mes na sala da Xunta de Galicia en Lugo, e na Casa da Cultura de Begonte desde o dezaseis do presente mes ata a clausura do Belén.
X.X.