Skip to main content

A Federación Ecoloxista Galega reitera a ilegalidade da xestión do residuos do Prestige

O luns 14, e na comparecencia do Conselleiro de Medio Ambiente, afirmou que os residuos do Prestige non se ían queimar. No día de onte, José Antonio Barreira, consejero delegado de la empresa SOGARISA, onde o seu socio principal é Administración Autonómica, afirmou que o destino final dos residuos do Prestige será a súa utilización como combustible en cerámicas e cementeiras.
Dende o punto de vista ambiental, si se chega a realizar dita operación, consideraríase unha prolongación dos efectos nocivos (ambientais e de saude) desta catástrofe. As novas normativas europeas (Directiva 96/61/CE sobre a Prevención e control integrado da Contaminación, Directiva 2000/76/CE sobre o funcionamento e as emisións da incineración e co-incineración de residuos, Estratexia comunitaria sobre dioxinas e furanos, Convenio de Estocolmo sobre a erradicación dos contaminantes orgánicos persistentes, etc) indican que o nivel de emisións actual é fortemente daniño para a saúde e o medio ambiente e establecen condicións de operación e límites de emisión moito mais estritos. No caso do fuel do Prestige, o contido en xofre (2-4%) e de metais pesados (zinc, cadmio e chumbo) sinala claramente a forte toxicidade das emisións consecuencia da posíbel incineración, agravada pola presenza de sales que aumentarían a emisión de dioxinas e furanos (recoñecidos como parte da ducia sucia que o Convenio de Estocolmo acordaba eliminar).
Tendo en conta que o Prestige transportaba o fuel a Asia porque na UE estaba prohibido o seu emprego como combustíbel polo seu alto contido en xofre, queda clara a inviabilidade ambiental esta opción de reciclaxe dos residuos.
Por iso, a Federación Ecoloxista Galega denuncia o uso ilegal dos residuos do Prestige.
¿Quen paga isto?
Para o Conselleiro de Medio Ambiente a súa única preocupación e que vai a pagar estes tratamentos, sen interesarlle para nada o problema ambiental que se poda producir, a FEG propón, e así o fará constar á Consellería de Medio Ambiente, coma ao Ministerio de Medio Ambiente, que o costee aquelas empresas que se van beneficiar deste combustible altamente tóxico.
Lembramos, e así o confirmou o Ex-conselleiro Carlos del Álamo o 16 deste mes, en Francia os residuos do Erika, de similar composición tóxica, os teñen almacenados pois non atoparon ningún tratamento ambientalmente razoable.
¿Onde están os residuos?.
O 10 de setembro de 2004 pola Vicepresidenta do Goberno, Mª Teresa Fernández de la Vega, a cantidade de residuos xerada polo Prestige é de 170.700 toneladas. A Federación Ecoloxista Galega preguntase; ¿Onde van os 100,000Tn restantes? ¿Que se fixo con estes residuos?. Estas preguntas que xa se lle fixeron ao Conselleiro, na Comisión do Prestige, e non puido ou non quixo contestar.
Federación Ecoloxista Galega (FEG)