Skip to main content

José Reinaldo Pol gaña o Certame de Xornalismo do Belén de Begonte

En Lugo, a vintedous de xaneiro de 2015, reúnese o xurado do XXXIX CERTAME XORNALÍSTICO “Begonte o Nadal”, convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán, formado por: JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JESÚS DOMINGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro Cultural convocante; XESUS MATO MATO, escritor; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO XIZ, escritor, e secretario, no nome do centro cultural, sen voz nen voto, JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

Conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos a “EL LIBRO DE BEGONTE”, publicado en Galicia Digital y O Sil, por José Reinaldo Pol (Pepe Pol), de Quiroga.

Segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, ao traballo VARELA Y EL BELÉN DE BEGONTE, publicado en Galicia Digital por Beatriz Valcárcel Gómez, de Lugo.

Pola calidade dos traballos, o xurado acorda conceder cadansúa Mención de honra dotada con estatuíña de Sargadelos aos traballos:

- LA MAGIA DEL PESCADOR, de Pablo Núñez, de Lugo, publicado no xornal en La Voz de Galicia.
- PRATO PRINCIPAL: SOLIDARIEDADE CON GUARNICIÓN DE NADAL, de Ruth Fernández Fernández, de Lugo, publicado en Galicia Hoxe.
- O BELÉN DE BEGONTE: UN CURRUNCHO DE LUZ, de Xosé Román Escourido Basanta, de Viveiro.

Os premios serán entregados o 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O NADAL DE BEGONTE.
Belén de Begonte