16 espectáculos compiten como finalistas dos XIX Premios María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XIX Premios María Casares, a gran festa da escena do país que se celebra o 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, no Teatro Rosalía Castro da Coruña, e que neste 2015 outorgarán por vez primeira un galardón ao mellor espectáculo infantil. Os nomeados déronse a coñecer nunha presentación que se celebrou esta mañá na sede do Consello da Cultura Galega e que conduciron os intérpretes Mónica García e Ricardo de Barreiro e contou coa participación de Avelino González, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG); Guillermo Carbajo, secretario da AAAG e Vicente Mohedano, vogal da AAAG, ademais de numerosas persoas nomeadas para os galardóns.
En total, 16 espectáculos conseguiron finalmente algunha nomeación nas catorce categorías coas que contan os galardóns. Durante o prazo de inscrición aos María Casares, 43 montaxes e 370 profesionais presentaron as súas candidaturas aos catorce apartados dos premios: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección, mellor espectáculo e o novo apartado ao mellor espectáculo infantil.
A tempestade, de Voadora, convértese neste 2015 na produción con maior número de finalista, ao obter un total de 10 nomeacións. Perplexo, de ilMaquinario Teatro, aspira a 9 galardóns. Pechando o trío de obras con maior número nomeacións, atópase Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere, que opta a sete galardóns. Estas tres montaxes disputaranse os galardóns ao mellor espectáculo e á mellor dirección.
Kassa, de Elefante Elegante, consegue tres nomeacións, ao igual que As fillas bravas, de Chévere. Pola súa banda, Pequenas Certezas, de Sarabela Teatro; Pan! Pan!, de A Panadaría; Meu ben, de Eme2; e Roedores, de Redrum Teatro, acadaron dúas nomeacións. Finalmente, Ra, Ra, Ra, de Abrapalabra Creacións Escénicas; Demolición, de Talía Teatro; Bobas&Galegas, de Producións Teatráis Excéntricas, Longa viaxe cara á noite, do Centro Dramático Galego; O Feo, de CatroCadeiras, As fabas Máxicas, de Caramuxo Teatro, e A Casa do Avó, de Tanxarina aspiran a 1 galardón.
Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de nomeacións):
1. A TEMPESTADE (10): maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, escenografía, actor secundario (por partida dobre: Borja Fernández e Guillermo Weickert), mellor dirección e mellor espectáculo.
2. PERPLEXO (9): vestiario, iluminación, adaptación-traducion, actor protagonista (por partida dobre: Fran Lareu e Fernando González), actriz protagonista (por partida dobre (Laura Míguez e Melania Cruz), dirección e espectáculo.
3. ULTRANOITE NO PAÍS DOS ANANOS (7): vestiario, música orixinal, texto orixinal, escenografía, actor secundario, dirección e espectáculo.
4. KASSA (3): iluminación, música orixinal e escenografía
5. AS FILLAS BRAVAS (3): Maquillaxe, actriz secundaria por partida dobre (Mónica García e Patricia de Lorenzo)j.
6. PAN! PAN! (2): Música orixinal, mellor actriz secundaria
7. MEU BEN (2): adaptación-tradución, actriz protagonista
8. ROEDORES (2): actriz protagonista, mellor espectáculo infantil
9. PEQUENAS CERTEZAS (2): actriz secundaria, maquillaxe
10. DEMOLICIÓN (1): Texto orixinal
11. BOBAS&GALEGAS (1) Texto orixinal
12. LONGA VIAXE CARA Á NOITE (1): Actriz protagonista
13. O FEO (1): Actor protagonista
14. RA, RA, RA: iluminación.
15. AS FABAS MÁXICAS (1): espectáculo infantil
16. A CASA DO AVÓ (1): espectáculo infantil
Avelino González puxo en valor o traballo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia no eido do desenvolvemento do sector e do afianzamento dos dereitos profesionais e destacou a importancia dos premios María Casares, que chega este ano á súa 19ª edición. Durante a presentación, ademais, destacáronse as cifras que se rexistraron ao longo do proceso de inscrición aos premios, xa que un total de 43 montaxes e 370 profesionais participaron no proceso neste 2015, cifras moi superiores ao do curso anterior onde só 26 montaxes e 240 profesionais presentaron as súas candidaturas. Tales cifras amosan que, malia o panorama de crise, o sector teatral galego segue a traballar para o público e a realizar un traballo de calidade.
Como gran novidade neste ano, cómpre subliñar a creación do premio ao mellor espectáculo infantil, respondendo á realidade do sector teatral do país e buscando así darlle maior visibilidade a este xénero teatral destinado a todos os públicos que, en moitas ocasións e malia a súa gran calidade, pode pasar desapercibido.
Ademais, fíxose fincapé na proxección exterior que está a conseguir o teatro galego pola súa calidade. Mostra diso é a repercusión máis alá do noso país que están a ter as compañías con maior número de nomeacións nestes María Casares. Neste senso, subliñouse o Premio Nacional de Teatro outorgado a Chévere en 2014, as xiras de Voadora fóra de Galicia -e o seu vínculo especial co público luso- e ilMaquinaria, que malia ser unha compañía de recente formación constituída por valores novos do noso teatro, está a visitar teatros de fóra de Galicia e, como se deu a coñecer fai poucos días, visitará en marzo Dferia, mostra de teatro de Donostia, entre outras actuacións que ten previstas en Euskadi.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) agrupa aos profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia. A súa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.
Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co obxectivo de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro existente neste eido. Os galardóns constan de catorce categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do pano, ademais do Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a traxectoria profesional do galardoado/a. A Xunta Directiva da AAAG é a encargada de outorgar o citado galardón.
Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas que foran estreadas en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.
SINOPSES DOS ESPECTÁCULOS
1. A TEMPESTADE. Voadora. 10 nomeacións. Adaptación do clásico de William Shakespeare por parte da compañía Voadora, baixo a dirección de Marta Pazos. Próspero, duque lexítimo de Milán, foi expulsado polo seu irmán e remata nunha illa. Os dous se reencontran tras naufragar o buque do seu irmán. Próspero vive coa súa filla e cun gran coñecemento da maxia.
2. PERPLEXO. IlMaquinario Teatro. 9 nomeacións. Segunda montaxe da compañía. Partindo dun dos últimos textos do exitoso dramaturgo alemán Marius von Mayenburg, ilMaquinario constrúe unha delirante comedia sobre as dificultades de atoparnos a nós mesmos dentro desta sociedade tan vertixinosa que nos tocou vivir neste século XX.
3. ULTRANOITE NO PAÍS DOS ANANOS. Chévere. 7 nomeacións. A compañía celebrou o 20 aniversario do seu formato da Ultranoite con este espectáculo. O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Para retratar esta terra, a compañía serviuse de dous autores unidos polo seu mal xenio e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio.
4. KASSA. Elefante Elegante 3 nomeacións. É un espectáculo de teatro visual, inspirado en “A Metamorfose” de Franz Kafka, que se desenvolve en base aos principios da escultura. A estrutura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxecións constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos.
5. AS FILLAS BRAVAS. Chévere. 3 nomeacións. As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero
6. PAN! PAN! A Panadaría. 3 nomeacións. Trátase dunha parodia dos westerns americanos con música vocal en directo. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que lle roubou a muller, da que está profundamente namorado. En escena, tres actrices constrúen oito personaxes, cinco espazo e toda a música só axudadas por unha bandeiras dos EUA.
7. MEU BEN Eme2 Producións 2 nomeacións. Amor, vida, sexo, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres. Un ano extraordinario. Amber, que acaba de saír do instituto, vive sen preocupacións. A súa nai Lorraine visita o médico de cabeceira tras atacar un cliente no traballo. A avoa Kay tenta superar a frustración de vivir cos sesenta mentres coida do seu marido enfermo.
8. ROEDORES. Redrum Teatro. 2 nomeacións. Roedores é unha fábula dramatizada que fomenta a igualdade facendo fincapé na igualdade de sexo nas peripecias dos seus protagonistas. Peludiño, un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras e Munda, unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levarlles comida aos seus irmáns.
9. PEQUENAS CERTEZAS. Sarabela Teatro. 2 nomeacións. Pequenas certezas é unha viaxe, unha escala necesaria para seguir andando, un esforzo para moverse e non quedar varado ante o baleiro, ante non atoparnos a nós mesmos. Unha proposta teatral dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda con Sarabela Teatro.
10. DEMOLICIÓN. Talía Teatro. 1 nomeación. Escrito e dirixido por Cándido Pazó, a obra preséntanos unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Eses son os pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros, pero a compañía quixo probar se chega con estes para que o banco se mantivese en pé. Comidrama. Xa que o concepto existe. Outorgáronlle un nome. Un termo que expresa ao tempo esa alquimia dramática entre o humor e a emoción.
11. BOBAS&GALEGAS. Producións Teatráis Excéntricas. 1 nomeación. Mofa e Befa, baixo a dirección de Quico Cadaval, viaxan ao Século de Ouro da Literatura Española. Trasládanse a aquel tempo, con gorgueiras nunha aposta de humor, que mestura cabaré, texto en verso con personaxes propios do clown como dous segadores galegos en plena Castela.
12. LONGA VIAXE CARA Á NOITE. Centro Dramártico Galego. 1 nomeación. Adaptación do famoso texto do estadounidense Eugene O'Neill. Ambientada durante un único día de verán de 1912 no fogar do Tyrone. Mary, a nai, regresa a casa tras un tratamento pola súa adición á morfina. Alí atópase de novo co seu marido e cos seus dous fillos.
13. O FEO. CATROCADEIRAS. 1 nomeación. Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible e sen sobresaltos. Mais un día descobre unha terrible verdade: é espantosamente feo. Así comeza unha comedia que dun xeito moi divertido e mordaz denuncia a nosa obsesión pola beleza e o éxito.
14. RA, RA, RA. Abrapalabra. 1 nomeación. Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous actores e dúas actrices fan que as ras, perdéndolle o medo á noite, aprendan a cantar. Obra de Cándido Pazó, quen tamén se encarga da dirección.
15. AS FABAS MÁXICAS. Caramuxo. 1 nomeación. Neste espectáculo, contado en primeira persoa e monicreques, Caramuxo Teatro achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil de Xan e as fabas máxicas.
16. A CASA DO AVÓ. TANXARINA. 1 nomeación. Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar una solución e, neta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Comunicación Premios María Casares