Skip to main content

O CEIP Raiña Fabiola desenvolve durante esta semana un Programa de Educación Ambiental sobre a auga

Educadores/as ambientais da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza –Adega-, van levar adiante unha serie de actividades ao longo desta semana centradas na temática/problemática da auga.
As actividades son unha solicitude da Asociación de Nais e Pais de alumnos/as do centro que conta cunha axuda da Consellería de Educación do Concello de Santiago de Compostela.
Con este programa, acordado entre a asociación de nais e pais, o centro e Adega, preténdese dar a coñecer as cualidades da auga, as problemáticas deste valioso e fundamental elemento así como o seu ciclo, no medio natural e na cidade e a importancia dun uso racional para evitar a súa contaminación e despilfarro. 
O programa abrangue case todos os cursos do centro e desenvolverá diversas actividades axeitadas para cada un dos niveis educativos.
Realizaranse contos coa temática da auga, un xogo de dominó sobre o ciclo da auga na cidade, e este mesmo ciclo será analisado polos alumnos e alumnas de terceiro ciclo (5º e 6º) visitando a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potábel) e a EDAR (Estación de
Tratamento de Augas Residuais) do centro.
Adega