Skip to main content

O Premio Trapeiro de Honra 2014, concedido a Xosé María Díaz Castro polo proxecto Os Vilas, lareira de soños

O premio, consistente nun lenzo co nome do premiado e o logo dos Vilares pasará a ser depositado na casa das palabras. Luís de Patricio é neto do trapeiro máis recoñecido e símbolo dos Vilares, o señor Pedro de Patricio, ao que a poeta Marica Campo adicou un precioso romance musicado por Fixan os Ventos por iniciativa do noso proxecto e ao que tamén adicou unha muiñeira o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Luís Foxo.

Afonso Blanco Torrado, dinamizador cultural de Guitiriz e da Chaira, depositario da memoria de Díaz Castro a través de Xermolos, promotor da futura recuperación da casa natal do poeta no Vilariño será o receptor deste recoñecemento simbólico. Ámbolos dous representan perfectamente o simbolismo e a memoria de dous persoeiros fundamentais na historia recente
da parroquia dos Vilares.
Proxecto Os Vilas