A Xunta traballa na consolidación da especial relación de irmandade entre Galicia e Cuba
Na reunión, que tivo lugar no Centro Galego da capital cubana, Rueda destacou o interese da Xunta por consolidar “a especial relación de irmandade entre Galicia e Cuba”; e agradeceu á Federación de Sociedades Galegas de Cuba e ao seu presidente, Sergio Toledo, “os esforzos constantes e o traballo cotián para poder dar forma ás accións que o Executivo autonómico desenvolve a favor dos galegos residentes en Cuba”. Neste sentido, o vicepresidente destacou o compromiso da Xunta de Galicia para atender as necesidades dos galegos residentes na illa caribeña.
La Huella de España
Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda tamén participaron na inauguración da XXVI edición do festival `La Huella de España´, que este ano esta dedicado a Galicia, xesto que Rueda agradeu enormemente ao Ministerio de Cultura de Cuba e á Embaixada de España, xa que é unha mostra máis “da irmandade permanente entre os pobo cubano e galego”.
O número dous da Xunta incidiu no importante papel dos galegos no exterior e indicou que para Galicia, Cuba foi unha constante no desenvolvemento da súa identidade contemporánea como pobo, e Cuba, como sociedade, non pode ser entendida sen a achega da presenza galega na illa, xa que foron moitos os galegos que traballaron en Cuba e compartiron parte da historia cubana.
O festival está dirixido pola bailarina e coreógrafa cubana Alicia Alonso, directora do Ballet Nacional de Cuba e durante una semana ofrecerá actividades como concertos, exposicións, eventos gastronómicos, xornadas formativas e conferencias. Ademais, contará coa presenza de invitados galegos como o cantautor Andrés Suárez ou a gaiteira Cristina Pato.
Ademais deste evento, durante a xornada do domingo os representantes da Xunta participaron na clausura do curso formación a mozos galegos “Voluntariado e Traballo social, atención sociosanitaria a persoas dependentes”, impartido por persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU), onde Rueda destacou a especial importancia que ten para a Xunta as axudas á dependencia e o apoio aos familiares e ao entorno máis preto con cursos coma o que onte se clausurou na capital cubana.
Exposición Luis Gabú
O último dos eventos no que participaron esta xornada foi a inauguración da exposición “Arte e Ritual na Catedral de Santiago”, no Museo Nacional de Belas Artes da Habana, na que o o fotógrafo coruñés Luis Gabú expón 20 fotos dun dos elementos máis universais da nosa comunidade, o Xacobeo e as peregrinacións a Compostela.
Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a exposición amosa os innumerables lazos culturais que nos últimos dous séculos uniron a Cuba e Galicia, así como a universalidade do Camiño e sobre todo do seu punto final: a Catedral de Santiago.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia