Skip to main content

A Romaría Labrega da Chaira, premiada co Trapeiro de Honra 2015

É de xustiza recoñecer os valores dunha Romaría que leva cinco lustros
ensalzando os valores labregos da Chaira e que además sexa na nosa
parroquia, Os Vilares e que a converte nun símbolo do dinamismo deste lugar que non por casualidade ten producido eventos destas características,
poetas, emprendedores e en definitiva xentes de ben profundamente
vinculadas ás súas orixes.

A Romaría Labrega da Chaira é de tódolos vilaregas e chairegos, e todas
cantas persoas traballaron e traballan pola súa organización e pertinencia
son merecedora deste recoñecemento xusto no ano despois de adicarse a Díaz Castro e coincidindo co seu pasamento como si o destino vinculase ao poeta e á Romaría e polo tanto aos Vilares nesta grande conexión simbólica.

Non é doado acadar 25 anos ininterrompidos dun evento, e sinón, que lle
consultes a Xermolos co Festival de Pardiñas ou aos de Moeche co Festival
Irmandiño, decanos de todos os de Galiza, e que unha pequena parroquia teña acadado tal consolidación dun evento eminentemente agrario, tradicional, ben merece este é moitos máis premios.

Ben feito aos da Lareira de soños e parabéns á Romaría Labrega da Chaira... e 25 anos máis, alomenos!

www.facebook.com/osvilares
http://dosvilares.com
http://dosvilares.com