Xacarandaina organiza a XV Romaría do Lecer

presenza de grupos folclóricos de toda Galicia acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.
Será ás 19:00 h. cando comece a FOLIADA INFANTIL onde participarán
nenas e nenos de distintas agrupacións. Como novidade deste ano,
realizarase un obradoiro de baile para todo o público asistente e,
finalmente, bailarase unha muiñeira de conxunto. Tras o obradoiro,
comezará a *OLIADA DE ADULTOS, ás 21:00 h. No caso de estar interesados en participar na mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: info@xacarandaina.com
Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do *domingo 7 de xuño, que acada xa a súa décimo quinta edición. Durante todo o día
intentaremos recrear unha *verdadeira Romaría!* O programa inclúe a
actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido
durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos
de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas,
acordeón, guitarra...
Para as máis pequenas e pequenos contaremos con inchables e xogos
populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos,
diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar
durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira,
churrasco…
A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta
Romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas
romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo
ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas
e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar
que se extingan.
Ana Fernández (directora de Círculo de Actividades a A.C. Xacarandaina)