Skip to main content

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego consensúa unha folla de ruta de reivindicacións e un manifesto de medidas a curto e medio prazo

1.1 Garantir a recollida de todo o leite producido, e prezos que cubran custos de produción.
1.2 Cuantificación do excedente lácteo e xestión do mesmo a través dos mecanismos de intervención, almacenamento privado e envío a axuda humanitaria.
1.3 Mecanismos para clarificar os movementos de leite e derivados no mercado supervisado polo ministerio, con balances mensuais áxiles. O mesmo tempo, poñer en funcionamento medidas para compensar os posibles desequilibrios do mercado, con implicación da Fenil.
1.4 Posta en marcha inmediata de medidas de acompañamento do paquete lácteo, que fagan áxil a defensa xurídica nos casos de incumprimento dos contratos.
1.5 Posta en valor do leite con orixe galego, pateurizado e ecolóxico e impedir o uso que está facendo a distribución do leite como produto reclamo.
1.6 Deseñar folla de ruta para lograr os obxectivos para os cales foi constituída a plataforma, que pasan por:
1.7 Involucrar á Administración Autonómica, á máis alta representación política, así como a todas as forzas políticas, na consecución destes obxectivos.
1.8 Apoiar a manifestación proposta para o vindeiro dia 17, que discorrerá polas rúas de Santiago de Compostela.
1.9 Dar un prazo de dez días hábiles á Consellería do Medio Rural e Mar para que comece a solucionar os problemas que padecemos, e no caso de non obter resultados nese prazo:
Elaboración dun calendario de mobilizacións e medidas de presión mais alá da manifestación do 17 en Santiago.
Anxo Escariz (coordinador OPL-Organización de Produtores de Leite)