Skip to main content

La Plataforma de Víctimas del tren Alvia accidentado en Angrois recrimina lo que considera una actitud defensora del juez y del fiscal con Adif

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Tres anos despois do accidente de tren de Angrois no que morreron 80 persoas, ADIF admite que non entregou documentación relevante no xulgado que investiga o accidente. Trátase de máis de 300 folios que analizaban os riscos da liña de AVE Ourense-Santiago e que a empresa xestora da rede ferroviaria afirma que non se entregara ata agora “por erro” e que deben ser analizados polos peritos en apenas dous días, xa que este mesmo mércores están chamados a expoñer as súas conclusións.

Outra sombra sobre un proceso no que sempre parecen pesar máis os intereses económicos, partidistas e particulares que a memoria das vítimas e o respecto ás súas familias. Noticias coma esta, coa que se demostra a ocultación por parte da Administración de información relevante para a instrución xudicial do caso, non fan máis que reafirmar que o pacto de silencio PP-PSOE co accidente de Angrois van camiño de convertelo nunha das maiores vergoñas da historia democrática de España.

Responsables co noso programa electoral, dende En Marea esiximos no Congreso dos Deputados a apertura dunha comisión de investigación que esclarecese as verdadeiras causas do accidente. Dixemos que a corrupción mata. Seguiremos loitando pola verdade tanto no Congreso como no Parlamento galego.

Para En Marea sempre foi unha prioridade achegar luz á investigación do accidente de Angrois. Demasiadas sombras pesan sobre a investigación, demasiadas ofensas ás vítimas e ás súas familias. Seguiremos loitando para que se restitúa o dereito das vítimas e da sociedade en xeral a coñecer a verdade.

Fotografía: Plataforma de Víctimas del tren Alvia
R.