O cura de Momán (Lugo) pide á Igrexa que non acepte acoller os restos de Franco
O sacerdote coruñés, nacido en 1957 e tamén coñecido por ser quen pediu "axuda divina" para acabar coas fochancas na estrada entre Momán e As Pontes, expón que "o canon 1242 do Código de Dereito Canónico" establece que "non deben enterrarse cadáveres nas igrexas, a non ser que se trate do Romano Pontífice ou de sepultar nas súas propia igrexas aos cardenais, aos bispos diocesanos, incluso eméritos".
Por iso, o cura de Momán, que tamén atende outra parroquia en Lugo, a de Labrada, e a de Xestoso, na Coruña, lamenta que a xerarquía eclesiástica, "coa súa permisividade ou inacción", estean a vulnerar "manifestamente" os canons. "Nin Francisco Franco, nin José Antonio Primo de Rivera, nin Queipo de Llano, son, ou foron, polo menos de forma pública e notoria, Romano Pontífice, Bispo ou Cardeal", escribe Rodríguez Patiño.
Por todo iso considera que a "vulneración" deste canon por parte do Arcebispado de Madrid, no caso de admitir os restos de Franco se estes son finalmente exhumados do Val dos Caídos, é "unha afronta aos cristiáns" e supón, ao seu xuízo, "admitir que os actos criminais do chamado Francisco Franco son aceptados e aplaudidos pola Igrexa católica".
"Que non se admita en ningunha igrexa os restos de Franco e moito menos na catedral da Almudena", conclúe o cura, quen noutra ocasión chegou a pedir a excomuñón da Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo.
Foto: UNED Senior

R.