Skip to main content

Celebrado o Día Internacional da Muller Rural, para visibilizar a aportación das mulleres nas áreas rurais de todo o mundo.

Susana López Abella lembrou que a Xunta colabora dende fai anos con Cooperativas Lácteas Unidas, e o pasado mes de xullo asinou un acordo para a visibilización e apoio a proxectos de promoción da Igualdade, xa que fomentar o empoderamento feminino, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural, é o obxectivo da iniciativa “Mulleres de Seu”.

López Abella indicou que dende o Goberno galego se traballa para mellorar a situación das mulleres rurais, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

Conseguir o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do rural é unha prioridade e tal e como indicou López Abella é importante priorizar algunhas áreas de actuación para conseguir a Igualdade entre as mulleres e os homes no rural galego, como so n a visibilidade da muller rural, a promoción do emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral, e o fomento do uso da novas tecnoloxías.

Ademais, a titular de Igualdade precisou que é fundamental incentivar a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario e de desenvolvemento rural para avanzar nunha maior presenza institucional nos ámbitos de decisión do medio, polo que as organizacións agrarias, as cooperativas e os grupos de desenvolvemento rural deben contar cunha presenza feminina en órganos directivos acordes coa realidade das mulleres rurais.
R.