A Obra Social Ospaña da cobertura sanitaria a 70.000 galegos de Arxentina, dos que 4.000 son maiores de 65 anos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e valorou a xestión de Ospaña e o seu compromiso para garantir a sanidade a todos os galegos de Arxentina, adaptándose aos novos tempos do país e ás necesidades do momento.
Unha xestión visible a través da atención completa aos seus afiliados e que foi capaz de conxugar a solidariedade, coa produtividade que garanten os máis de 70.000 afiliados cos que xa conta Ospaña, e que son os que optimizan o rendemento da organización.
“Non é nada fácil ofrecer cobertura sanitaria a máis de 70.000 persoas e é moito máis difícil ofrecer unha cobertura sanitaria aos maiores, e máis de 4.000 persoas desas 70.000 teñen máis de 65 anos”, precisou.
“Unha responsabilidade que intentamos practicar coas distintas intensidades que son necesarias”, dixo, referíndose á colaboración con entidades para que poidan dar un bo servizo per se, “tal e como ocorre no caso de Ospaña”; ou ás axudas directas aos propios emigrantes, como as axudas sociosanitarias e asistenciais das que se beneficiaron máis de 31.400 galegos nos últimos tres anos.
“E, igualmente, colaboramos co retorno cando queren volver temporal ou permanentemente e non poden por si solos”, engadiu.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico incidiu en que os emigrantes galegos foron capaces de ser solidarios sempre, “e fixérono non só apoiándose uns a outros persoalmente, senón desde o punto de vista colectivo creando institucións que naceron no século XX, pero que foron evolucionando para ser referente neste século XXI”, dixo.

R.