Celebración da Memoria Lingüística no único cemiterio de Galicia con todas as lápidas en galego
O Alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a xefa territorial de Cultura e Turismo, María José Gómez Rodríguez; o Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística; o vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez Carballo; o crego e musicólogo, Xesús Mato, e o arquitecto Xurxo Salvador, participaron este venres nos actos con motivo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia que se celebraron na Casa do Concello de Paradela e no cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, o único de Galicia que ten todas as inscricións funerarias escritas en galego. Estes actos encádranse nunha iniciativa da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e do Concello de Paradela, co apoio da Xunta de Galicia, na véspera das celebracións de Todos os Santos e de Defuntos.
Valentín García sinalou que “queremos, por unha banda, lembrar hoxe a todos os galegos e galegas que nos precederon e nos legaron a lingua propia e maioritaria de Galicia, aquela que nos enorgullecemos de falar e de continuar transmitindo; por outra banda, aspiramos a animar a todos os bos e xenerosos, a todas as boas e xenerosas, a sumarse á iniciativa "En galego, agora e sempre" para que a lingua que nos identifica en vida se empregue tamén nas celebracións funerarias, de maneira que entre todos conquistemos tamén este ámbito de uso para o galego”.
‘En galego, agora e sempre’
Os actos iniciáronse a mediodía na Casa do Concello de Paradela, onde se convidou aos asistentes a asinar a acta de reafirmación da galeguidade pola que os cidadáns e cidadás que o desexan participan na iniciativa "En galego, agora e sempre", coa que mostran a súa vontade de que a súa despedida vital, funerais e cerimonias fúnebres se celebren en idioma galego. Desde a capital do concello, autoridades e veciños trasladáronse despois á parroquia de San Facundo de Ribas de Miño, onde se descubriu unha placa que deixou constancia da conmemoración, se visitaron o cemiterio e a igrexa e o crego e musicólogo Xesús Mato Mato, fillo predilecto do concello de Paradela, rezou un responso polos que descansan naquel camposanto.
A parroquia de San Facundo de Ribas de Miño, situada no concello de Paradela, distínguese entre as do resto de Galicia porque o seu camposanto ten todas as lápidas en galego despois da restauración do Mosteiro a finais dos anos noventa do século pasado, en obra dirixida polos arquitectos Xurxo Salvador e Alberte González. Xurxo Salvador informou a todos os presentes da realización da obra, do estado anterior do mosteiro, e da riqueza monummental daquel conxunto situado ás beiras do Miño, nun paraxe solitario e moi fermoso, onde as viñas dominan a paisaxe.
A Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, celebra este outono actos de reafirmación da galeguidade semellantes ao que tivo lugar en Paradela en diferentes parroquias e concellos galegos, tales como Castro Caldelas, Quintela de Leirado, Parada de Sil, San Xoán de Río, Redondela, Ribadavia, Gondomar, Tui, Vila de Cruces, Agolada ou Outes.

R.