A I Xornada Galega de Traballo Social e Feminismos destaca o papel dos profesionais de Traballo Social a prol da Igualdade e na atención a vítimas de violencia de xénero
A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, destacou hoxe o importante papel dos traballadores sociais para loitar pola igualdade e a xustiza social, así como na atención ás vítimas de violencia de xénero.
Na súa participación hoxe na inauguración da “I Xornada Galega de Traballo Social e Feminismos”, destacou a importancia deste evento para compartir entre os profesionais deste sector habilidades de prevención e intervención desde unha perspectiva feminista.
A Xunta puxo en marcha en maio do ano pasado, a través dun convenio co Colexio Oficial de Traballo Social, a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores.
Este servizo, implantado ao abeiro do desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, permite que as vítimas reciban por parte dun profesional de apoio e dende o momento da presentación da denuncia, unha atención integral e información sobre os dereitos, axudas e recursos á súa disposición.
O servizo de garda pode ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero. O procedemento comeza cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres (900 400 273), que se porá en contacto co profesional de garda para garantir a súa presenza inmediata.
A quenda de garda social súmase así á quenda de garda psicolóxica que se puxo en marcha por vez primeira a finais de 2018 a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. De feito, a intervención do traballador ou traballadora social actívase unha vez iniciada ou finalizada a actuación dos profesionais de psicoloxía.
Referentes e visibilidade
Na súa intervención, Prieto destacou tamén “dous conceptos fundamentais para avanzar na igualdade: os referentes e a visibilización”. Neste sentido, puxo en valor a figuras como Concepción Arenal, que inspirou a moitas mulleres e axudoulles a reivindicar o seu espazo.
Precisamente, a existencia de referentes favorece tamén “a visibilización da muller en pé de igualade cos homes” e isto, á súa vez, “leva á normalidade” en todos os ámbitos da sociedade.
Por último, Prieto puxo tamén en valor a importancia da educación para poder construír unha sociedade máis igualitaria e xusta.

R.