Skip to main content

A fórmula galega das 'Píldoras Solidarias' para combater o confinamento incorpora a novos profesionais e estende o seu efecto a unha vintena de países

Perante estes resultados, o proxecto consolídase como unha ferramenta idónea para axudar á preparación e motivación dos e das deportistas, técnicos e técnicas, así como todos os representantes do tecido deportivo neste período de confinamento derivado da declaración do estado de alarma pola expansión do coronavirus.

En palabras do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, “estes datos falan dunha magnífica resposta do deporte a unha situación excepcional como é a do confinamento”. Ademais destacou a “responsabilidade do deporte galego xa que os nosos deportistas e adestradores son uns dos que máis interese mostran nas píldoras”.

Todos os días ás 18,00 horas as Píldoras Solidarias de 10 minutos de duración serán retransmitidas a través do servizo de videoconferencia Zoom e emitidas polas canles de Facebook e Instagram da Univerasidad Liberquaré. Tamén poden ser revisadas na web www.sipd.org e www.mastersipd.com, así como na canle oficial da Universidade en YouTube.