Tres candidaturas galegas optan como finalistas aos Premios Nacionais de Artesanía 2020
Os Premios Nacionais de Artesanía están convocados a través da Escuela de Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a organización de referencia na promoción e no desenvolvemento das empresas artesás españolas. Con eles búscase recoñecer aquelas empresas artesás que, conservando a súa esencia de oficio tradicional, destacan pola creatividade, responsabilidade social e medioambiental, adaptación ao mercado e capacidade de innovación. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán.
Finalistas galegas
O obradoiro RiR & Co Diseño Textil Artesano, situado no casco histórico de Allariz, opta ao Premio ao Emprendemento. Neste espazo, a artesá Inés Rodríguez realiza deseños dirixidos a un público global unindo os coñecementos das técnicas téxtiles tradicionais coas tendencias actuais do mercado e traballa tanto con materiais naturais como con outros máis novidosos como é a fibra óptica. Este obradoiro realiza colaboracións con sectores que van desde a moda ata a gastronomía ou a arquitectura. Rir&Co comparte a súa experiencia a través de asesoramentos para outras empresas, investigación baseada en novos materiais e produtos de deseño. Cómpre destacar que esta artesá vén de recoller esta mesma semana o 2º Premio de Excelencia á Innovación na diversificación da actividade económica do medio rural ou zonas costeiras rurais que outorga o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Na mesma categoría compite o artesán Santiago Besteiro, dedicado ao deseño, desenvolvemento e elaboración de pezas artesás de alta calidade en coiro, desde o seu obradoiro situado en Monterroso. Constituído como unha empresa unipersoal, crea unha estratexia de mercado para apostar por competir coa calidade, co deseño, coa innovación, co trato distinguido co cliente e coa concienciación medioambiental. Actualmente a empresa atópase inmersa nunha investigación para novos produtos que se adapten ás circunstancias, así como novas canles para explorar a internacionalización.
A Fundación Artesanía de Galicia volve quedar finalista do Premio Promociona para Entidades Públicas co seu proxecto Artesanía no Prato, polo que xa resultara finalista na edición do ano pasado. A iniciativa púxose en marcha no ano 2013 e está dedicada a xerar unha interrelación entre Artesanía de Galicia e a cociña galega máis vangardista, de xeito que os chefs máis destacados se convertan en abandeirados e promotores da marca.
O proxecto foi unha iniciativa que comezou na segunda edición do Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra en Agolada, a grazas á colaboración de cociñeiros do Grupo Nove que comezaron a empregar pezas da marca nos seus showcookings. No ano 2017, a Fundación Artesanía de Galicia fortaleceu a súa aposta a través da celebración das Primeiras Xornadas Profesionais de Artesanía no Prato, que tiveron continuación no ano 2019 coa segunda edición, e o evento converteuse no punto de referencia para a colaboración entre ambos os dous sectores. Froito destes anos de traballo están a xurdir proxectos de colaboración entre artesáns e cociñeiros que cada vez son máis numerosos.
Premiados en edicións anteriores
O sector artesán galego adoita contar con representantes entre os finalistas das últimas edicións dos Premios Nacionais de Artesanía. No ano 2019, o obradoiro de elaboración de zocos de Elena Ferro (Vila de Cruces) facíase co Premio Nacional de Artesanía pola súa obra consolidada e a ceramista Paula Ojea (Vigo), co Premio Produto, pola súa colección Cut&Fold. Foi a segunda vez que Galicia recibiu o Premio Nacional, a máxima categoría das cinco nas que se dividen estes galardóns, co que foi distinguido o obradoiro de gaitas Seivane no 2013. Na categoría Emprendemento 2019 resultou finalista o obradoiro Anaquiños de Papel (A Coruña), que o ano pasado resultou gañador da Bolsa Eloy Gesto dos Premios Artesanía de Galicia, convocados pola Xunta.
No ano 2016, foi a Fundación Artesanía de Galicia a que resultou gañadora do Premio Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto Enredadas, realizado en colaboración coa Consellería do Mar e orientado a impulsar a diversificación do traballo das redeiras artesás de Galicia a través de creacións relacionados coa moda, coa bixutería, coa decoración ou cos complementos.
As pezas de cestería téxtil da artesá Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) resultaron gañadoras no ano 2014 na categoría Premio Produto. No 2013, o Obradoiro de gaitas Seivane (Cambre) gañaba o Premio Nacional de Artesanía e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) resultaba finalista no Premio Promociona para Entidades Privadas. Un ano antes, a Fundación Artesanía de Galicia facíase por primeira vez co Premio Promociona para Entidades Públicas e o obradoiro Asteleiros Triñanes (Boiro) resultaba finalista no Premio Nacional de Artesanía.
Na edición 2011, Galicia contou con cinco candidaturas finalistas nestes galardóns. O complexo Otero Regal, de Viveiro, gañaba o Premio Promociona para Entidades Privadas e Idoia Cuesta era recoñecida cunha mención especial no Premio Innova. O obradoiro de iluminación Arturo Ávarez (Ames) resultaba finalista no Premio Nacional, Elena Ferro finalista no Premio Produto, e a Fundación Artesanía de Galicia, finalista no Premio Promociona.
No ano 2010 os obradoiros de Óscar Rodriguez Joyeros (Viveiro), Rosa Méndez (Teo) e Viviana Araújo (Pontevedra), resultaban finalistas na categoría Produto. O ano anterior, o canteiro Ricardo Antelo (Ponteceso) resultaba gañador do Premio Innova e no 2008 Joyas de la Raspa (Vigo) facíanse co Premio Produto. A Deputación da Coruña obtivo o Premio Promociona para Entidades Públicas no ano 2007 e o Obradoiro de Gaitas Seivane gañaba o Premio Innova no ano 2006.

R.