'Xacobeo Peregrinas', un ciclo de encontros multidisciplinares que afondarán no Camiño de Santiago cunha perspectiva de xénero
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/camino-santiago-concha.jpg)
En cada un deles participarán destacadas convidadas nacionais e internacionais, recoñecidas pola súa aportación en diversas áreas de coñecemento (artes, ciencia, gastronomía...), que conversarán sobre a súas vivencias persoais e profesionais en relación co Camiño. “Buscamos dar a coñecer ao público potencial os Camiños de Santiago desde outras perspectivas”, explicou Nava Castro sobre a iniciativa.
Primeira cita, Santiago
Cada unha das sesións terá un eixe temático e un emprazamento singular. A primeira delas terá lugar este sábado, 13 de marzo, na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela. A novelista Espido Freire, a investigadora experta en nanotecnoloxía María José Alonso, a Estrella Michelin Lucía Freitas e a médica e paratriatleta olímpica Susana Rodríguez Gacio, serán as convidadas desta primeira sesión, que será conducida pola xornalista María Solar e retrasmitida vía streaming.
R.