Skip to main content

O Centro Dramático Galego e Avelina Pérez estrean o espectáculo 'ECO', inspirado nas mensaxes que deixaron os presos da guerra civil no Mosteiro de Oia

A composición musical é obra de Ramón Raíndo e a iluminación, de Beatriz de Vega. Pola súa banda, Martín Pol faise cargo da fotografía e Jesús Tejada, da montaxe de vídeo.

As case cen persoas que gozarán da estrea terán a oportunidade tamén de realizar previamente unha visita á exposición permanente Os presos do Mosteiro. Memorias da Guerra Civil española. A mostra é o resultado do traballo de recuperación dos grafitos realizados polos presos, o que permitiu xuntar máis dun cento de fragmentos.

Dinamización e descentralización escénica

ECO forma parte das coproducións programadas para este ano polo CDG no marco da súa aposta por reforzar a colaboración cos distintos axentes do sector teatral de Galicia e pola descentralización da súa programación. Trátase así de promover e dinamizar a actividade escénica e a creación de público en todo o territorio galego. Con esta peza, a compañía institucional quere fomentar tamén o diálogo entre escena e patrimonio para a posta en valor da vinculación existente entre estes dous elementos culturais.

De cara á nova temporada, o CDG está xa no proceso de selección dos elencos das vindeiras producións. Trátase dunha adaptación teatral de A peste, de Albert Camus, dirixida por Cándido Pazó, e de Ás 8 da tarde cando morren as nais, baixo a dirección de Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez, creadora de ECO.
R.