Skip to main content

Homenaxe a Manuel María no seu 18º cabodano

Desde As Penas de Rodas, os participantes desplazáronse ao cemiterio de Outeiro de Rei onde está sepultado Manuel María, para unha nova lectura de poemas no adro da igrexa parroquial. Cumpriuse a continuación co lema destas homenaxes -"Leva unha rosa a Outeiro"- e todos os presentes cubriron a tumba de Manuel María coas súas ofrendas.

Por fin, na Campa de Santa Isabel, tan querida polo escritor homenajeado, fíxose a entrega de cadansúa "Navalla do Manuel" aos designados o presente ano.
A título póstumo recibiron a "Navalla" os membros da familia de Francisco Pillado Mayor. Estaban presentes a súa viuva, Manuela Vega, as dúas fillas, o xenro e tres netos. Previa a entrega o escritor Felipe Senén, grande amigo da familia, glosou a persoalidade e traxectoria de Pillado e o seu papel imprescindible no teatro galego.

Seguidamente, a escritora Marica Campo resumiu o papel de Pilar García Negro na política, literatura e sociedade de Galicia, para a continuación entregarlle o galardón consistente na "Navalla do Manuel" en lembranza da querencia que Manuel tiña por estes simbólicos obxectos.

Completaron os actos de lembranza de Manuel María ao cumprirse dezaoito anos do seu pasamento, as actuacións do gaiteiro Raul Galego, a cantante Pilocha e o grupo A Quenlla.

(Nas fotografías, entrega da "Navalla do Manuel" a Pilar García Negro, e o escritor Xoán Xosé Fernández Abella lendo un poema de Manuel María)
R.