O Informe da economía social 2022 reflicte que a creación de cooperativas bate récords e Galicia é a terceira comunidade en constitución de sociedades laborais

En concreto, en 2022 creáronse na nosa Comunidade 142 cooperativas (a cifra máis elevada da serie histórica) con 542 socias e socios promotores, o 50% deles mulleres. Tamén 24 sociedades laborais, con 58 socias e socios (41% mulleres) e 7 centros especiais de emprego.
Para seguir co pulo a este modelo que prima os beneficios colectivos e sociais sobre a rendibilidade económica, a conselleira recordou que se veñen implemantando medidas que se reforzarán en 2024. De feito, increméntase un 3% o presuposto neste apartado chegando aos máis de 43,6 millóns de euros, co propósito de avanzar -precisamente- na creación e consolidación de iniciativas de economía social, pero tamén co de incidir na súa difusión e na promoción do emprego inclusivo.
Todo para afinazar a economía social, un modelo pegado ao territorio que representa máis do 7% do noso Produto Interior Bruto (PIB), o que se traduce nun impacto anual en Galicia duns 850 millóns de euros.
Así mesmo, Elena Rivo lembrou que a nova Estratexia da Economía Social Horizonte 2027 tamén fomentará o crecemento das empresas deste modelo e a creación de novas firmas, atendendo á diversificación de sectores. Pola súa banda, a nova Lei de cooperativas perseguirá axilizar a creación de entidades minimizando a burocracia, para continuar avanzando na cohesión social e do territorio, xerando emprego inclusivo e igualitario.
R.