Publicados os gañadores dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2023

Así, o premio á persoa voluntaria do ano na modalidade individual para as persoas físicas recaeu en Isabel Rubinos Fernández, dada a súa traxectoria e participación en diferentes áreas de actuación acreditadas no ámbito do voluntariado.
Ademais, a Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (Asotrame) fíxose co premio á entidade de acción voluntaria do ano. O xurado condecora así a consolidada traxectoria de Asotrame na área sociosanitaria e de atención psicosocial.
E, por último, o premio ao mellor proxecto de acción voluntaria deste exercicio foi parar a Solidaridad Intergeneracional, polo seu proxecto ‘CuentaconMigo’, cuxo enfoque está centrado na atención a persoas maiores no medio rural.
R.