Skip to main content

As cooperativas agroalimentarias galegas alcanzan unha facturación de 2.180.000.000 euros en 2023, segundo primeiras estimacións de AGACA

A facturación total estimada alcanzou os 2.180.000.000 euros, desagregada en 1.500.000.000 euros de facturación directa e 680.000.000 euros de facturación das sociedades de capital propiedade 100% das cooperativas. Ademais, estas cooperativas proporcionaron emprego directo a máis de 6.000 persoas.

As primeiras estimacións dos resultados do exercicio 2023 indican un incremento na facturación e nos resultados positivos respecto a 2022, o cal reflicte un crecemento sostido e unha xestión eficiente por parte das cooperativas.

Igualdade de xénero

O Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social (SAVES), desenvolvido pola Universidade de Vigo en colaboración con AGACA no marco da Rede Eusumo, permitiu identificar as necesidades de información das cooperativas agrarias galegas e deseñar informes específicos sobre a súa evolución. Segundo datos de 2020 proporcionados por SAVES, o 47% das persoas socias das cooperativas son mulleres. Ademais, as mulleres representan o 34% dos integrantes dos consellos reitores e o 20% das presidencias das cooperativas.

AGACA segue comprometida co desenvolvemento do cooperativismo e a economía social en Galicia, fomentando a inclusión e o crecemento sostible no sector agroalimentario.

Tras a Asemblea Xeral de AGACA, as distintas entidades que conforman o Foro pola Economía Social Galega (AGACA, ESPAZOCOOP, CEGASAL, AESGAL e AEIGA) celebraron a Asemblea da Economía Social Galega. O acto foi inaugurado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez.
R.