Protección de Datos pide explicaciones a la Vicepresidencia de la Xunta por publicar en el DOG datos de 30 personas que reciben ayudas para tratamientos contra las drogas
Polémica en la Xunta de Galicia: Protección de Datos pide explicaciones a la Vicepresidencia de la Xunta por publicar en el DOG datos de 30 personas que reciben ayudas para tratamientos contra las drogas.
El Ejecutivo gallego niega que esté abierta ningunha investigación por este "error" y asegura que se facilitará a la Agencia de Protección de Datos toda la información que pida. Sin embargo, en un comunicado de prensa, la Agencia Española de Protección de Datos afirma que se ha abierto una investigación "a raíz de las informaciones publicadas en distintos medios de comunicación, relativas a la publicación en el Diario Oficial de Galicia (DOG), por parte de la Vicepresidencia de Igualdad y Bienestar de la Xunta de Galicia, de los nombres, apellidos y DNI de los beneficiarios de ayudas de la Administración Gallega para el tratamiento de drogodependencias". Por este motivo, la Agencia Española de Protección de Datos "iniciará actuaciones de investigación con el fin de esclarecer si ha habido vulneración de la Ley Orgánica de Protección de Datos".
Vicepresidencia de la Xunta justifica esta acción por un "exceso de celo" en la aplicación de la Ley de Transparencia y la Ley de Subvenciones, y aclara que ha pedido disculpas y ha ofrecido las oportunas explicaciones a las personas afectadas y a las asociaciones que trabajan en la lucha contra las drogas en Galicia.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta:
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia aínda non ten constancia oficial algunha de que a Axencia de Protección de Datos teña iniciada unha investigación respecto do “erro” que provocou a pasada semana a publicación no Diario Oficial de Galicia dos datos persoais de 30 perceptores de axudas individuais para tratamentos contra drogodependencias. O secretario xeral da Vicepresidencia e o director da Axencia mantiveron unha conversa telefónica, a instancias da Vicepresidencia, na que o director da Axencia expresou as súas desculpas por ter dado coñecemento antes aos medios de comunicación que á Vicepresidencia de que ía dirixirse á Vicepresidencia para recadar información. O director da Axencia confirmoulle ao secretario xeral que non é unha investigación, senón que pretenden recabar información sobre un feito do que tiveron coñecemento a través dos medios de comunicación.
A Vicepresidencia da Xunta expresoulle á Axencia de Protección de Datos a súa total disposición a colaborar no que precise para recabar toda a información que estime necesaria, tal e como fixemos fai un ano cando esta Axencia se dirixiu á Vicepresidencia logo da denuncia formal de perceptores de pensións non contributivas que alertaban de que en plena campaña das eleccións autonómicas de 2005 recibiron unha carta do PP, asinada por Manuel Fraga, na que se lles identificaba como perceptores dunha pnc e se lles pedía o voto a cambio de subirlles a pensión.
En todo caso, Vicepresidencia lembra que coincide plenamente co criterio expresado publicamente pola propia axencia: a lei non prohibe a publicación destes datos, pero consideramos que non é necesaria esa publicación. Vicepresidencia lembra que a publicación destes datos no DOG foi “un erro” provocado polo “exceso de celo” na aplicación da Lei de Transparencia e a Lei de Subvencións, un erro polo que se ten posto en contacto con todos os afectados e coas asociacións que en Galiza traballan no eido da loita contra a drogadicción para darlles as oportunas explicacións e pedirlles desculpas.
A Vicepresidencia da Xunta ten ademais outro asunto pendente con este organismo, relativo a un informe que nos foi solicitado hai máis dun ano sobre un caso denunciado por perceptores de pensións non contributivas en Galiza contra o anterior goberno do PP.
Segundo estas denuncias particulares presentadas ante a Axencia de Protección de Datos en xaneiro do pasado ano, o goberno anterior usou indebidamente o rexistro de datos persoais dos máis de 50.000 preceptores de pensións non contributivas en Galiza para remitirlles cartas, asinadas por Manuel Fraga en nome do PPdeG, días antes de celebrarse as pasadas eleccións autonómicas en Galiza. Nesta carta, o PP informa aos perceptores destas pensións en Galiza que no seu programa electoral traballa “nunha medida destinada aos beneficiarios das pensións non contributivas que ten por obxecto mellorar a capacidade adquisitiva a través dunha axuda de carácter social e asistencial consistente nunha paga adicional que se aboará a todos os pensionistas” e remata a misiva apelando á “confianza de que este proxecto será unha realidade”.
Despois das demandas presentadas por particulares que recibiron esta carta ante a Axencia de Protección de Datos, por entender que o PP usou indebidamente información privada que obraba nun ficheiro protexido pola Administración autonómica, a Vicepresidencia recibiu unha solicitude de información ao respecto deste caso por parte da Axencia de Protección de Datos, e remitiu este informe completo a Madrid en xaneiro do ano pasado. Dende entón estamos á espera de que se instrúa a investigación e se nos comunique oficialmente o resultado da mesma, dado que somos os primeiros interesados en coñecer como foi posible que eses datos chegaran ao poder do PP, dado que nós somos agora os custodios deses datos e os garantes do dereito á intimidade e ao honor dos perceptores de pensións non contributivas.

R.