UGT-Galicia conmemora el Día Internacional de la Mujer con la campaña: De ti, a ti, iguais

Se congratuló Brea de que el pasado año haya crecido en Galicia el empleo femenino y recordó que de los 34.100 trabajadores que encontraron trabajo 28.700 fueron mujeres y 5.500 hombres. La creación de empleo femenino fue del 84,2% en esta comunidad. «El esfuerzo en políticas de empleo dirigidas a la mujer tiene que ocupar un papel predominante para que la incorporación de esta al mercado laboral sea plena», aseguró Brea. Declaró que las mujeres gallegas se emplean principalmente en el sector servicios es el primer sector de empleo que representa el 75,90% de la ocupación total, y recordó la ocupación femenina en el sector terciario se encuentra cerca de 10 puntos por debajo de la media estatal.
Carmen Brea aseguró que en el proceso de diálogo social abierto en Galicia se plasmaron importantes acuerdos que pretenden facilitar la incorporación de la mujer al mercado laboral y garantizar que su presencia en el mismo se haga en términos de estabilidad e igualdad. Recordó que se ha aprobado el anteproyecto de Lei de Traballo en Igualdade das Mulleres, en fase de tramitación en el Parlamento, que va a suponer habilitar nuevas medidas para la promoción de la inserción laboral de estas, la incentivación de la voluntariedad de los planes de igualdad en las empresas privadas y el establecimiento de incentivos en materia de igualdad.
Cristina Pedreira habló de la situación de la mujer joven, que dice se encuentra el doble discriminada y tres veces más si esta reside en el rural. Recordó que pese a que el 60% de la población universitaria es mujer, esa proporción no se ve reflejada en la vida laboral ni siquiera en puestos de responsabilidad de las universidades.
UGT Galicia ha programado diversos actos en las principales ciudades de Galicia para conmemorar esta jornada.
Nota de prensa remitida por UGT-Galicia:
Si é certo que son moitos os logros que en materia sociolaboral se está acadando para garantir a incorporación da muller e a súa permanencia no eido laboral e social en termos de igualdade e estabilidade, tamén o é que as desigualdades persisten, cunha importante brecha salarial, maiores taxas de paro e precariedade para as mulleres e menores índices de ocupación.
De cara a este 8 de marzo, Día internacional da muller traballadora, UGT presentou en Santiago un informe sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia no que se poñen de relevancia as importantes diferenzas salariais que existen entre os homes e mulleres en Galicia.
A chamada brecha salarial entre homes e mulleres non é un fenómeno só desta comunidade, xa que no conxunto da UE a remuneración bruta por hora das mulleres é un 15 por cento inferior á dos homes. En Galicia o salario medio anual feminino, 12.744,18 euros, supón o 74,4 por cento do masculino, 17.128,83 euros, no total dos sectores, segundo os últimos datos da Enquisa de Estrutura Salarial publicada en decembro de 2006 polo INE e referidos a 2004.
Por sectores de actividade, o industrial é no que as diferenzas son máis fortes, as mulleres na industria cobra un 65,63 por cento do que perciben os homes. Pola contra, a construción é o sector máis igualitario, no que os salarios femininos aproxímanse aos femininos nun 84,75 por cento.
Por grupos de ocupación, destaca a gran diferenza entre homes e mulleres que traballan en postos de dirección, ben das administracións ou en empresas de 10 e máis traballadores. Aquí o salario das mulleres supón tan só o 35,58 por cento do dos homes. Mentres que a media anual no caso das primeiras é de 17.542,39 euros no caso dos homes é de 49.305,11. A moita distancia do seguinte grupo no que se rexistran maiores diferenzas, traballadores non cualificados en servizos, onde as mulleres cobran o 61,98 por cento do que perciben anualmente os homes.
Segundo o tipo de contratos, as diferenzas salariais acentúanse no caso dos indefinidos, onde os salarios das mulleres tan só representan o 72,21 por cento do dos homes. Brecha que se atenúa no caso dos de duración determinada, xa que esta porcentaxe é do 78,53 por cento.
Segundo os datos da EPA, no 2006 o emprego creado foi maioritariamente feminino, concretamente, o 84,2 por cento en Galicia, fronte ao 54,3 por cento estatal. Creáronse 34.100 empregos e atoparon traballo 28.700 mulleres. Aínda que esta última cifra hai que tomala con cautela porque o 58 por cento procede da inactividade en vez de nutrirse do desemprego, xa que este só diminúe en 9.100. Isto indica que o funcionamento do mercado laboral galego segue a amosar moitas eivas.
Tamén é bastante negativo que de cada cen mulleres que en Galicia están en idade de traballar tan só 45,8 estean dentro do mercado laboral, xa sexa como ocupadas ou paradas. Do total das persoas que traballaban en Galicia a 2006 pechado, 1.164.200, o 43,2 por cento eran mulleres.
Outra das cifras significativa do mercado laboral é a taxa de ocupación, que no caso das mulleres galegas é de 40,5 por cento, 18 puntos por debaixo da dos homes.
Todo isto evidencia que, aínda que se pode constatar un avance na incorporación da muller ao mercado laboral, Galicia está lonxe dos obxectivos marcados pola UE, polo que o esforzo en políticas de emprego dirixidas ás mulleres ten que ocupar un papel predominante.
Tamén é destacable que a taxa de emprego feminina en Galicia é superior, dun 50,37 por cento, no caso das mulleres estranxeiras, indicador que se eleva ata o 53,42 por cento no caso das inmigrantes que non pertencen a países da UE.
Por sectores, as mulleres galegas seguen a ocuparse maioritariamente no servizos, que representa o 75,90 por cento da ocupación total. O segundo sector é o industrial, cunha porcentaxe do 12,29 por cento.
Por ramas de actividade, hai cinco nas que as mulleres superan numericamente aos homes: “Industrias de alimentación, bebidas e tabacos”; “Téxtil e confección; coiro e calzado; madeira e cortiza; papel, edición e artes gráficas”. “Comercio e Hostalería”. “Administración pública, educación, actividades sanitarias e veterinarias; servizos sociais. Outros servizos, actividades dos fogares e organismos extraterritoriais”. “Intermediación financeira, actividades inmobiliarias e servizos empresariais”.
A segregación ocupacional feminina é maior que a masculina, xa que no caso das mulleres esta concéntrase nun 52,60 por cento en dúas ramas de actividade, “comercio e hostalería” e “Administración pública, educación, actividades sanitarias e veterinarias”.
A segregación tamén se rexistra por categorías. As mulleres galegas concéntranse no grupo de traballadores de servizos de restauración, persoais, protección e vendedores dos comercios, de feito, preto de 1 de cada 4 empregos ocupados por mulleres corresponde a esta ocupación.
Seguindo coa análise dos principais indicadores que marcan un mercado laboral, está a taxa de desemprego, que no 2006 entre as mulleres foi do 11,4 por cento, máis de cinco puntos superior á masculina. No caso das mulleres máis mozas, menores de 25 anos, esta elévase ata o 23,3 por cento, máis de nove puntos por enriba da dos homes.
A temporalidade tamén é superior no caso das mulleres, do 38,7 por cento, fronte ao 32 por cento da masculina.
En materia de conciliación da vida laboral e familiar, en Galicia a duración media diaria de tempo dedicado ao fogar e familia é nas mulleres galegas de 4,52 horas, case o dobre que no caso dos homes. Outro dato que dificulta esta tan demandada conciliación é que o 89,8 por cento dos asalariados galegos teñen un horario fixo de entrada e saída e tan só o 10,2 por cento outro tipo de horario.
Xa para rematar coa radiografía numérica e estatística, hai que facer mención á contratación, que foi indefinida non 11,9 por cento dos casos entre os homes e do 10,3 por cento entre as mulleres. Se esta análise se restrinxe ao período de vixencia do Acordo para a mellora e o crecemento do emprego, asinado en xullo de 2006, as porcentaxes de contratación indefinida elévanse no caso dos homes tata o 13 por cento e nas mulleres ata o 11,4 por cento.
É evidente que esta realidade hai que mudala e dende a Secretaría de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade de UGT-Galicia apúntase a que as leis son fundamentais para traballar pola igualdade. Por isto, o Sindicato aposta polos procesos de Diálogo social abertos e os seus logros neste senso.
En Galicia plasmáronse importantes acordos que pretenden facilitar a incorporación da muller ao mercado laboral e garantir que a súa presenza no mesmo se faga en termos de estabilidade e igualdade. Así, tanto o Acordo sobre o novo modelo de servizo público de emprego en Galicia, dentro do que se destaca o Salario de inserción laboral, como o Acordo sobre o obxectivos e medidas para o emprego, que se marca como obxectivo incrementar a taxa de estabilidade en mulleres en 18 puntos, reducir a segregación vertical, aumentando a presenza da muller nos grupos ocupacionais onde representan por debaixo do seu peso no total do emprego ou aumentar a poboación feminina afiliada á Seguridade Social en 79.800 mulleres en relación ao ano 2004.
En Galicia tamén se ven de aprobar o Anteproxecto de Lei do traballo en igualdade das mulleres, en fase de tramitación, vai supoñer a habilitación de novas medidas para a promoción da inserción laboral das mulleres, a incentivación da voluntariedade dos plans de igualdade nas empresas privadas e o establecemento do distintivo e incentivos para as empresas en materia de igualdade.
Tamén dentro do Diálogo social en Galicia, na mesa 5 de cohesión social e igualdade, se acordaron tres importantes medidas de acción positiva en materia de conciliación da vida laboral e familiar e fomento da corresponsabilidade: incentivos para a redución da xornada dos pais con fillos menores de tres anos; creación da rede de canguras/os para facilitar a compatibilidade do traballo coa maternidade; e medidas de responsabilidade social das empresas que pasan pola adaptación das xornadas laborais dos traballadores co fin de facilitar a conciliación.
A nivel estatal, subscríbese a Lei orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes e a Lei de Dependencia.
R.