Skip to main content

Jacobo Hortas, ganador del certamen del cartel anunciador de la XXIX Semana Internacional de Cine de Lugo

Nota de prensa remitida por el Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá:

Jacobo Hortas López, natural de Santiago e residente en Alicante, resultou gañador do concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, para a elección do cartel anunciador da XXIX Semana Internacional de Cine de Lugo.

Ó certame concurriron 145 carteis de toda España, con participantes que chegaron de México, Arxentina, Andorra e Francia. Na votación final estiveron orixinais chegados de Astorga e Vitoria, ademáis do cartel gañador.

O Xurado estivo formado por Concepción Burgo, Concelleira de Turismo e Cultura, en representación do Concello de Lugo; Manuel Gulín, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia; Sinesio Pérez, da Fundación Caixa Galicia; Paloma Lugilde, responsable de cultura do Vicerrectorado, e por parte de Fonmiñá, Eduardo Ochoa, responsable de Fotografía, e Xulio Xiz, Presidente do Grupo.

O cartel anunciador recolle como motivo principal unha muralla de celuloide, cunha porta pola que entra unha alfombra bermella.

O gañador do certame, que acudirá a Lugo na xornada inaugural da Semana de Cine, no mes de setembro, recibirá 1.000€ e unha estatuíña de Sargadelos.

R.