Skip to main content

El presidente de la Xunta, de viaje oficial en Cuba para conmemorar el centenario del Himno Gallego

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, comienza su visita oficial a Cuba y a México, un viaje que se prolonga hasta el 11 de diciembre y en el que preside los actos conmemorativos del centenario del Himno Gallego y profundizará en las relaciones institucionales, económicas y culturales con ambos países, además de mantener encuentros con las colectividades gallegas. Touriño partió a Cuba e inició su estancia en este país con una reunión con empresarios gallegos en la isla en la que conoció la situación de los intereses económicos de la comunidad y que servirá para establecer nuevos vínculos de cooperación. También se entrevistó con el vicepresidente del Consejo de Estado y del Comité Ejecutivo del Consejo de Ministros de Cuba, Carlos Lage Dávila; sí como con el vicepresidente de la República, José Ramón Fernández.

El sábado preside el acto principal de su desplazamiento a Cuba, la conmemoración del centenario del Himno Gallego en el Gran Teatro de La Habana. Es una celebración que se produce de forma simultánea en la capital cubana, en Buenos Aires, en Montevideo, en Salvador de Bahía y en Barcelona, en un intento por unir las distintas colectividades gallegas en el mundo para hacerlas partícipes de este acto, en el que participarán representantes de los tres grupos parlamentarios gallego y la presidente de la Cámara, Dolores Villarino.

Ya en México, desde el domingo el titular de la Xunta refuerza las relaciones sociales, económicas, políticas y culturales que unen al país azteca y Galicia y se entrevista con el presidente del país, Felipe Calderón. Emilio Pérez Touriño también presidirá el acto de constitución de la asociación de empresarios gallegos en México y se reunirá también con empresarios de este país para ahondar en las relaciones económicas actuales y abrir nuevas vías de colaboración.Por otra parte, coincidiendo con la visita oficial del presidente de la Xunta a Cuba, la Secretaría Xeral de Comunicación está apoyando los proyectos gallegos que se presentan en el marco del Festival Internacional de Cine de La Habana.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, reuniuse con empresarios galegos e españois asentados en Cuba, no que foi o seu primeiro acto oficial neste país. Touriño sinalou que quixo iniciar a súa axenda pública en Cuba cun acto destas características para poñer en valor a capacidade innovadora e de liderado da clase empresarial galega. Ademais, asegurou que Cuba ten ante si “un gran futuro” e fixo un chamamento a intensificar e fortalecer as oportunidades de negocio entre Galicia e este país caribeño.

O presidente da Xunta expresou, no decurso dun almorzo con máis de corenta membros da Asociación de Empresarios Españois en Cuba, AEEC, que a conxuntura económica que atravesa Galicia na necesidade debe servir para optimizar as relacións comerciais con Cuba. “Galicia ten demostrado unha gran capacidade de iniciativa e de innovación e xera grandes proxectos empresariais que hoxe son referentes no ámbito nacional”, destacou Touriño que, asegurou así mesmo, que a “economía galega crece de modo significativo e ten a súa base na confianza, manifestada no forte ritmo investidor que está tendo a actividade económica”.

Así, o xefe do Goberno autonómico manifestou a necesidade de aproveitar esta sinerxía para desenvolver as “grandes oportunidades” que ofrece o país cubano. Neste sentido, lembrou os históricos lazos comúns entre Galicia e Cuba e destacou que a “pegada dos emprendedores galegos en Cuba é moi profunda” e remóntase a moito tempo atrás. Touriño engadiu que “os galegos constituímos unha multinacional humana que está esparcida por todo o mundo e que mantén importantes lazos culturais, lingüísticos e sentimentais que alimentan un acervo común”.

Para o máximo dignatario galego estes fondos lazos tecidos entre Galicia e as diferentes comunidades nas que se asentaron os emigrantes galegos deben ser aproveitados para desenvolver oportunidades económicas con estes países. “Vostedes, os empresarios galegos que se asentan fóra de Galicia, e tamén os que se sitúan na nosa comunidade, supoñen un capital económico e humano de homes de negocios e de emprendedores para o progreso mutuo de Galicia e dos países, neste caso Cuba, nos que se asentan”, manifestou Pérez Touriño.

O presidente da Xunta continuou a súa intervención destacando a “fortaleza” da clase empresarial galega e achegando datos que amosan a boa marcha da economía de Galicia. Neste sentido, manifestou que nos últimos dous anos creáronse en Galicia un total de 13.500 novas empresas. “Hoxe pálpase un interese crecente por Galicia, con novas actividades en sectores tecnoloxicamente avanzados e de futuro: a automoción, as enerxías renovables, o sector téxtil, ou o sector das novas tecnoloxías da información e a comunicación”, abondou.

No tocante ás relacións comerciais entre Galicia e Cuba, Pérez Touriño destacou que en 2006 a Comunidade Autónoma exportou ao país caribeño artigos por valor de 17 millóns de euros. Fronte a isto, as importacións por parte de Galicia ascenderon a máis de 39 millóns de euros, “o que supón un 27 por cento das importacións españolas procedentes de Cuba”, sinalou.

Porén, o titular da Xunta asegurou que “o noso comercio con Cuba é susceptible dunha maior expansión e temos a vocación de que estes fluxos comerciais se intensifiquen, para o cal vostedes desempeñan un papel fundamental”.

Paralelamente, o presidente galego manifestou a súa satisfacción pola que constitúe a súa primeira visita a Cuba, “terra que se sinte próxima e querida”. Ao tempo, expresou que “os lazos históricos foron uníndonos, fóronse entrelazando valores e actividades por riba de calquera tempo histórico e político”.

Segundo asegurou Pérez Touriño, existe un excelente ámbito de lealdade e cooperación entre Galicia e Cuba que se vai expandir no futuro. Neste sentido, asegurou que Galicia sempre acompañou ao pobo cubano, que anteriormente acolleu aos galegos, e manifestou que seguirá acompañando a este pobo “no seu presente e no seu futuro”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Empresarios Españois en Cuba, o galego Víctor Moro, agradeceu a visita de Pérez Touriño á illa e cualificouna de “fito histórico”. Moro asegurou na súa intervención que a clase empresarial española asentada en Cuba ten contribuído notoriamente ao desenvolvemento económico, social e integral do pobo cubano.

AEEC conta con 181 asociados e integra a 14 empresarios de orixe galega. Os obxectivos desta asociación son os de promover, potenciar e fomentar as relacións de carácter económico entre empresas galegas e cubanas e estimular e cooperar coas empresas e organismos cubanos que estean interesados en manter relacións económicas con empresas e empresarios españois.

No almorzo de traballo mantido polo presidente da Xunta cos membros desta asociación, participou tamén o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, e unha delegación do Igape.


R.