Arzúa celebra el 1 y 2 de marzo la XXXIII Fiesta del Queso
Nota de prensa remitida por el Concello de Arzúa:
A Festa do Queixo cumpre este ano o seu 33 aniversario de celebración ininterrompida, desde a primeira edición, en 1975. O evento, celebrarase na primeira fin de semana de marzo (1 e 2 de marzo de 2008)e nel, ademais de enxalzar este produto, realízanse diversas actividades artísticas e culturais.
A Festa do Queixo de Arzúa, acolle arredor de 40.000 persoas ao longo da 1ª fin de semana de marzo de cada ano. Desde 1989 o queixo recibe a denominación de Produto Galego de Calidade, elaborado a partir de leite natural e enteira de vaca.
O evento, ademais de ser referencia no eido gastronómico polas características do Queixo Arzúa-Ulloa e a trascendencia na cociña galega, adoptou especialmente nos últimos anos un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer.
UN PROGRAMA CULTURAL AO LONGO DE DOUS DÍAS
Por vez primeira, Arzúa terá dúas xornadas completas de actividades culturais e artísticas, onde o graffiti, o teatro, a fotografía, cartelería e a música serán as protagonistas. Estas son algunhas das actividades xa fechadas no programa:
INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS CON GRAFFITI nas paredes do campo de fútbol de Arzúa.
Coa colaboración do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, os visitantes poderán gozar da obra artística en directo sobre as paredes do campo de fútbol municipal, onde tres destacados artistas galegos realizarán as súas creacións ao longo das dúas xornadas: 1 e 2 de marzo de2008.
Co fin de xerar un punto de interese cultural e artístico, ábrese este espazo de creación a diferentes artes,nomeadamente o graffite. O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Cultura, pretende abrir unha oportunidade á expresión libre dos creadores neste antigo arte de rúa, xerando valor cultural mediante obras de arte elaboradas por artistas especializados nesta modalidade.
EXPOSICIÓN UN PAÍS DESDE AS TÁBOAS, 125 ANIVERSARIO DO TEATRO GALEGO
Coa colaboración da Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, no Recinto Feiral de Arzúa ata o día 8 de marzo. A exposición consta dun percorridoordenado a través de seis micro-espazos nos que se recollen os grandes períodos da nosa historia dramática, onde a Festa do Queixo é protagonista. Complétase a exposición cun apartado de visionado, nun monitor de 42 polgadas, onde se proxecta material audiovisual de especial interese.
Asimesmo, está prevista unha Exposición de Fotografía, Obradoiro de Queixos para a mocidade o sábado e o programa lúdico-educativo O País do Queixo para nenos.
CONFIRMADOS OS GRUPOS QUE ACTUARÁN NO FESTIVAL DO QUEIXO
Mala Rodríguez, Muchachito Bombo Infierno, Triángulo de Amor Bizarro, Malvela e Pepe Vaamonde Grupo.
LA MALA RODRÍGUEZ (Hip Hop) Sábado 1, Palco da Feira 21:00 h
Despois de bater records co single/adianto “Por la noche”, Mala Rodríguez presenta a súa produción máis complexa: “Malamarismo”. Un disco amplísimo con colaboracións de Raimundo Amador, Tego Calderón, Julieta Venegas. Malamarismo é unha viaxe polo mundo do rap e do R&B que non se corta ante nada nin ante ninguén. Mala aborda o seu novo proxecto con entusiasmo e toda a súa vitalidade, coma se fose a primeira vez. Unha produción exquisita que outórgalle a súa protagonista o calificativo de única.
MUCHACHITO BOMBO INFIERNO (Mestizaxe) Sábado 1, Palco da Feira 23:00 h
Jairo, Muchachito, compositor e intérprete, iniciou a súa carreira na rúa, coa súa guitarra e pasando o gorro. Tras pasar por distintas formacións sae publicado o seu primer disco “Vamos que nos vamos” gravado en novembro de 2004. Durante os dous anos seguintes Muchachito Bombo Infierno realiza máis de 140 bolos incluíndo importantes festivais nacionais e internacionais. Acaba de editar o seu segundo disco “Visto lo visto”, que é unha segunda parte en toda regra na que se lle deu maior cabida non só ao swing, senón tamén á banda que o acompaña. Un disco máis optimista e vital con gran variedade de texturas e un aire multicolor.
TRIANGULO DE AMOR BIZARRO (Pop) Sábado 1, Palco da Praza 01:30 h
Triángulo de Amor Bizarro levan pouco tempo trasladando os sons obsesivos, hipnóticos e violentos que nos últimos oitenta levaron ós libros de historia a grupos como Telescopes, Jesus and Mary Chain ou My Bloody Valentine, a unha nova perspectiva absolutamente persoal. Neste tempo, a súa música enriqueceuse notablemente, pasaron de dúas prometedoras maquetas a un son que lles pertence unicamente a eles co disco “Triángulo de Amor Bizarro”. Menos Ride e máis Loop, noise controlado e melodías que pasan da escuridade á luz cunha naturalidade impropia dun debut.
MALVELA (Música tradicional) Domingo 2, Palco da Feira 19:00h
O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía e organizado hai xa uns anos pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos. O que nun principio foi unha actividade cultural, logo deu en converterse nunha paixón continuada, ata que a madurez e as ganas de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria, levaron a Malvela a concibir unha actividade artística fora do tradicional ámbito doméstico.” No 2002 gravaron o seu primeiro CD "Que o pano non me namora", baixo a dirección artística de Uxía. Incluíndo o máis brillante do seu repertorio, son catorce temas variados tanto en ritmos como en contados. Presentan no Nadal do 2004 un novo traballo discográfico "O Aghinaldo2 dedicado integramente aos cantos de Nadal e reis que os Ranchos e Rondallas popularizaron na comarca do Val da Louriña. Malvela traballa xa no seu vindeiro disco que será gravado na primavera.
PEPE VAAMONDE GRUPO (Folk) Domingo 2, Palco da Feira 21:00 h
Pepe Vaamonde Grupo (PVG) é, ante todo, unha formación folc pensada para o directo. A calidade como instrumentistas de cada un dos seus compoñentes, xunto coa forza emocional das súas composicións, forman un cóctel que os converte nunha das bandas de folc máis interesantes do momento. Pero, ademais, Pepe Vaamonde Grupo é tamén quen de realizar un traballo de estudio de gran calidade, como así o demostran os recoñecementos acadados nos medios especializados cos seus dous traballos discográficos: “Aviouga” e “Onde nace o vento".

R.