Skip to main content

La catedrática de Comunicación Audiovisual, Margarita Ledo, nueva académica de la RAG

Nota de prensa:

O Plenario da Real Academia Galega acordou nomear académica numeraria á Catedrática do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, Margarita Ledo Andión. Nada en Castro de Rei (Lugo) no ano 1951, a profesora Ledo é autora de numerosas obras científicas, literarias e nos últimos anos tamén autora de dous documentais cinematográficos: "Santa Liberdade" e "Liste, procunciado Lister".

Margarita Ledo cubre a vacante deixada polo finado Miguel Anxo Araúxo, quen fora bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol e escritor e tradutor de numerosos textos relixiosos ao galego.

A profesora Ledo ten unha dilatada traxectoria no mundo da comunicación, tanto no mundo académico coma no profesional, incluíndo cargos como directora do semanario A Nosa Terra até o 1980.

Ademáis, Margarita Ledo formou parte do equipo que creou a Facultade de Ciencias da Comunicación na USC no ano 1991, e foi a decana na primeira etapa do centro, entre os anos 1992 e 1996, despois de anos de docencia na Universitat Autónoma de Barcelona.
R.