Xoel Méndez presenta en el Auditorio de Galicia su ópera prima en cine documental: Cantos rodados
Nota de prensa remitida por Ficción Producciones:
O mércores 12 de Novembro, ás 19:00 horas e na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, estréase a longametraxe documental Cantos rodados, producida por Ficción Producciones e ópera prima do director Xoel Méndez. Este filme quere ser un berro a prol da integración social dos minusválidos psíquicos, a través da experiencia do centro de integración San Xerome Emiliani, na Guarda, e da “banda de sanación e meditación” Xerock.
A música amansa as feras pero... quen amansa a música? No ano 2003 impártese no centro de integración San Xerome (A Garda) un taller de musicoterapia que ten un desenlace inesperado. Gene descobre a súa innata destreza para a percusión. Malia a súa discapacidade severa, que non lle permite tan sequera manter a verticalidade nin a vista, Gene amósase perfectamente capaz de tocar este instrumento, e mesmo cun sentido do ritmo e unha entrega envexables.
Froito deste descubrimento nace Xerock, unha "banda de sanación e meditación" composta -ademáis de Gene- por Vanesa, Borja, Carliños e Álvaro, alumnos do San Xerome, e os traballadores do centro Ciano e Víctor, dous guitarristas que cazan o talento desta tropa e bótano a rodar. Ata hoxe, que Xerock xa ten un disco editado e numerosos concertos no seu caderno de bitácora. Nun deses concertos, colofón da fita, comparten escenario con The Ellas, o grupo de Luís Tosar. O actor galego é un vello coñecido e fan de Xerock.
Este documental é un canto a prol da integración, unha homenaxe a estas vidas luídas polos infortunios da xenética. Cantos Rodados é unha mostra de coraxe e vitalidade, unha lección de rock . Un filme adicado a tod@s @s que loitan por facer do noso ser, algo máis humano.

R.