Skip to main content

El documental Profesión Actor presenta la situación del sector de la interpretación en Galicia

Estrea do documental "Profesión Actor" no Consello da Cultura Galega
Nota de prensa remitida por Marcos Estebo:

O martes 30 de marzo, ás 19 horas, estrease a curtametraxe documental "Profesión Actor" no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, no Concello de Santiago de Compostela.

Este documental fala da profesión dos actores e actrices de Galicia, escollendo como enfoque a perspectiva laboral. Para iso, toma como fío conductor ó veterano intérprete Xosé Manuel Olveira "Pico", seguíndoo a través de gravacións de tv movies, curtametraxes ou ensaios de obras teatrais. Ó mesmo tempo entrecrúzanse coas súas opinións e andanzas a visión de varios actores e actrices galegos de distintas xeracións e formación diferentes.

"Profesión Actor" ten unha duración de 24 minutos, foi dirixida por Marcos Estebo, escrita por Ana Ponte e Marcos Estebo e conta con música do compositor compostelán Pilo Sierra. Grabouse no Teatro Principal e o Salón Teatro de Santiago, o Auditorio de Narón, Agolada, Ames... e contou cunha axuda da AGADIC.

Trala proxección hai unha charla coloquio co público na que participarán os actores e actrices participantes no documental: Xosé Manuel Olveira "Pico" ("As Actas Escuras, C.D.G.), Ricardo de Barreiro ("Matalobos", TVG), Susana Dans ("O clube da calceta", TVG), Avelino González ("Padre Casares", TVG), César Goldi ("As Actas Escuras", C.D.G.), Iván Marcos ("Eco", C.D.G.), Alba Fernández ("Pechado por aburrimento", Matarile Teatro), Fran Peleteiro ("Crónicas de días enteiros", Factoría Teatro) e Bea Bravo ("Padre Casares", TVG).
R.