Skip to main content

Semana Santa en Galicia: las celebraciones en Santiago de Compostela prevén 16 procesiones y aludirán al 800º aniversario de la Catedral

La capital de Galicia acoge un total de 16 procesiones como protagonistas de la Semana Santa compostelana en la que participarán entre 4.500 y 5.000 cofrades y que tendrán un recuerdo para la conmemoración del 800 aniversario de la Consagración de la Catedral.
Así lo ha señalado el presidente de la Xunta de Cofradías, Isolino Castiñeiras, en la presentación de las actividades de la Semana Santa Compostelana, que se extenderá entre el 15 de abril y el 1 de mayo.

Tal y como ha recordado el alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, la Semana Santa de este año coincidirá además, en el día 21, con el 800 aniversario de la Consagración de la Catedral y, si bien los actos de celebración se han aplazado para no coincidir con la Semana Santa, si habrá referencias y guiños a esta conmemoración. En concreto, además de las referencias a la basílica, en esta ocasión la celebración del Via Crucis, que tendrá lugar a partir de las 20.00 horas el día 20 de abril, se trasladará a la propia Catedral de Santiago para festejar su aniversario, y transcurrirá por las naves de la iglesia tras una Eucaristía a las 19.30 horas.

Además de un extenso programa litúrgico, la Semana Santa estará protagonizada por las procesiones, que se iniciarán el día 15 con la Virgen de los Dolores, a partir de las 21.00 horas desde la Iglesia de San Miguel dos Agros. Posteriormente, el domingo de Ramos a las 11.00 horas, saldrá la procesión de la Entrada en Jerusalén -conocida como la 'Borriquita de Belén'- que, como novedad este año, no sólo irá desde San Francisco hasta el Obradoiro, sino que continuará hasta la Plaza da Quintana y se sumará a la bendición de los ramos que hará el arzobispo de Santiago en este lugar. El propio domingo, a las 18.00 horas, tendrá lugar también la Procesión de la Esperanza desde la Iglesia de las Ánimas.

El Lunes Santo, por su parte, saldrá desde la Iglesia de Santa María del Camino, a las 21.30 horas, la procesión de la Humilde, que se desplazará hasta la Rúa Travesa; mientras que el Martes Santo será el turno del Cristo de la Paciencia -a partir de las 21.00 horas en la Iglesia de las Mercedarias-. La procesión del Cristo de la Misericordia saldrá a la calle el Miércoles Santo a las 23.30 horas desde la Iglesia de las Húerfanas y el Jueves Santo harán lo propio, por su parte, la de la Última Cena, a las 19.30 horas desde la Iglesia de San Francisco; y la de Jesús Flagelado, a las 23.30 horas desde Santo Agostiño.

Ya el Viernes Santo será el turno para la procesión del Santo Encuentro, en el que las cofradías de Jesús Nazareno y la Santísima Virgen de los Dolores participarán a partir de las 11.00 horas en la Iglesia de San Miguel dos Agros; así como para la procesión de la Quinta Angustia, a partir de las 18.00 horas en la Iglesia de la Quinta Angustia; la del Santo Entierro, a las 20.00 horas en la Iglesia de San Domingos de Bonaval; y la de la Virgen de la Soledad, a las 23.00 horas desde la Iglesia de Salomé.

La Procesión dos Irmáns tendrá lugar a las 20.00 horas desde el Colegio de la Inmaculada el Sábado Santo y el domingo de pascua, a las 18.30 horas, saldrá del Convento de San Francisco la procesión del Cristo Resucitado. Para concluir las celebraciones, cerrará la Semana Santa el Cristo de la Paciencia el día 1 de mayo a las 11.00 horas desde la Catedral de Santiago.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Ferrol:

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e o concelleiro de Promoción Turística, Ramón Veloso, presentaron a programación da Semana Santa Ferrolá, que baixo o lema de “Paixón por Ferrol” se desenvolverá na cidade durante a semana máis importante de Ferrol, tal e como subliñou o rexedor municipal nun acto que contou coa presenza da xerente da Sociedade Mixta de Turismo, María Luisa López Morales, e do vicepresidente da Coordinadora de Confrarías de Semana Santa, José Hevia. A programación incluirá actividades para todos os públicos e gustos e para todos os días: actos litúrxicos, procesións, exposicións, visitas guiadas, excursións, a segunda edición do ciclo de músicas relixiosas e da Ilustración “Espiritualidade e razón” ou a celebración do XIV Salón do Cabalo de Ferrol-Equiocio, que terá lugar do 20 ao 24 de abril no recinto feiral de Punta Arnela. Todas estas, propostas que convertirán a Ferrol “no lugar máis relevante de Galicia durante a Semana Santa, que lle permite ter unha maior proxección”, subliñou o alcalde, engandindo que “tivemos a intelixencia de ocupar un baleiro que ningunha das outras cidades de Galicia soubo ou quixo ocupar, acadando un punto de non retorno”.

A programación deste ano é, en palabras de Vicente Irisarri, “moi atractiva”, con propostas de calidade que pretenden converter a Ferrol nestas datas nunha cita obrigada no Norte peninsular. De todas elas falou esta mañá o concelleiro Ramón Veloso, quen ao igual que o rexedor municipal, agradeceu a colaboración e traballo conxunto realizado cos sectores máis representativos da cidade na promoción da Semana Santa, declarada de Interese Turístico Nacional no ano 1995 e que aspira a acadar a declaración de Interese Turístico Internacional. Así pois, á Armada, hosteleiros, Coordenadora de Confrarías da Semana Santa, Equiocio, hoteleiros e, en definitiva, a toda a cidadanía, quixo facer chegar o seu agradecemento na organización desta programación, a cal se dará a coñecer non só en Ferrol e no resto de Galicia senón tamén en diferentes puntos da xeografía española e mesmo de fóra, como Asturias, León, Madrid, País Vasco -nestes lugares fíxose publicidade a través de Internet- ou Portugal. Para iso, editáronse inicialmente 20.000 guías con toda a oferta de ocio e relixiosa e instaláronse vallas publicitarias e mupis. Tamén se elaboraron spots publicitarios para emitiar na TVG e medios locais co fin de “dar a coñecer fóra a mellor Semana Santa do norte de Galicia”, afirmou Ramón Veloso.

Ademais das procesións relixiosas que arrancarán este Domingo de Ramos e finalizarán o 24 de abril, Domingo de Resurreción, a cidade acollerá unha gran diversidade de actividades, que rematarán coa romaría de Chamorro. “O máis importante a destacar son os actos litúrxicos que engloban outras actividades para o conxunto da cidadanía, que a vive dunha maneira importante”, destacou o edil Ramón Veloso, incidindo no “traballo en conxunto de todos os sectores implicados na organización da Semana Santa, que contribúen a crear esa autoestima importante de cidade”. “A Semana Santa é o evento máis relevante que hai na cidade, por iso non podemos deixala de lado”, puntualizou, antes de referirse ás actividadese programadas. Entre estas, a celebración, por segundo ano consecutivo, do Ciclo de Músicas Relixiodas da Ilustración Espiritualidade e Razón, que se celebrará os días 17, 20, 22 e 24 de abril na concatedral de San Xiao, a Capela do Orde Terceira, a Capela do Torrente Ballester e a Capela das Angustias. “A nosa idea é ir mellorando este ciclo e consolidalo no tempo”, destacou o edil de Promoción Turística lembrando o grande éxito obtido o pasado ano.

Equiocio, que nesta edición cumple 20 anos e se desenvolverá do 20 ao 24 de abril, completa a oferta da Semana Santa á que se suman as visitas guiadas organizadas polo Concello de Ferrol a diferentes puntos emblemáticos da cidade como o Arsenal Militar (a pé) ou os paseos en lancha pola ría (“Ferrol desde o mar”) para ver de preto os castelos ou a entrada da ría. Tamén será posible participar nunha visita guiada por Ferrol no tren turístico con diversas paradas para visitar as confrarías de Semana Santa (as de Dores, As Angustias e A Merced) e coñecer polo miúdo o traballo que desenvolven e o Cuartel de Dolores, “unha xoia da nosa cidade que aspira a formar parte do Patrimonio da Humanidade”, subliñou Veloso. Entre as paradas, o Arsenal Militar, que se poderá ver desde o exterior, ou a concatedral de San Xiao.

Así mesmo, haberá dúas excursións importantes que terán como destiño San Andrés de Teixido, desde onde haberá a posibilidade de trasladarse ata Cedeira ou Ortigueira. Un ano máis, a programación inclúe visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe, nas que se explicará a historia da fortaleza “con axuda das pantasmas do século XVIII que o habitan e as súas armas de avancarga”. A estas propostas súmanse as visitas a Exponav, ás exposicións do Centro Torrente Ballester, ao Museo Naval ou aos espectáculos do Teatro Jofre, entre outras. “En definitiva, haberá moito que facer”, afirmou Ramón Veloso, animando á cidadanía “a desfrutar apaixoadamente da Semana Santa”.

Pola súa banda, o vicepresidente da Coordinadora de Confrarías da Semana Santa, José Hevia, agradeceu ao Concello de Ferrol “o seu decidio apoio á Semana Santa” e convidou a todo o pobo de Ferrol “a desfrutar deste acontecemento”. Confiou así mesmo en que “continúe nesta liña e se continúa potenciando”.

Finalmente, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, agradeceu a “enorme xenerosidade e traballo” das Confrarías da Semana Santa así como do resto de sectores implicados na mesma que contribuirán a “facer de Ferrol unha cidade moi atractiva”. Así mesmo, aproveitou o acto de presentación desta mañá para facer un chamamento ao comercio local “para que abra nestas datas”. E ao fío disto, avanzou que o Concello está a traballar para mellorar e facilitar o acceso á cidade e peatonalizar un maior número de rúas, facilitar a instalación de terrazas ou habilitar novas prazas de aparcamento na avenida do Rei.

Nota de prensa remitida por el Obispado de Lugo: Palabras de monseñor Alfonso Carrasco Rouco en la apertura del programa:

"Un ano máis viviremos a Semana Santa e a Pascua do Señor como un verdadeiro acontecemento, ao que nos axudará moito a participación en todos os seus actos e procesións.

Faremos memoria dos feitos extraordinarios, queridos por Deus, nos que se fundamenta a nosa fe e a nosa esperanza, e nos que aprendemos a confiar no amor de Deus, véndoo e recibíndoo de Xesús, o Fillo, de quen a caridade desbordou sen límites na súa Paixón.

O programa da “Semana Santa lucense” poñerá ante os nosos ollos este acontecemento de salvación, que ilumina a nosa vida e a historia toda, axudándonos a contemplar a persoa de Xesucristo nos diferentes pasos do seu camiño cara á cruz e a resurrección.

Participemos, pois, con sinceiro corazón nas celebracións litúrxicas destes días, expresión máxima da nosa fe, e nos diferentes actos públicos
nos que testemuñaremos a nosa gratitude ao Señor, a nosa devoción e a nosa esperanza, polas rúas da nosa cidade de Lugo".

Más información en: Semana Santa en Galicia
R.