Skip to main content

El Consello da Cultura Galega considera a las fundaciones culturales excesivamente dependientes de las subvenciones y propone limitar las ayudas

Así lo recoge el Informe sobre las Fundaciones Culturales de Interés Gallego que ha presentado el presidente del CCG, Ramón Villares, al conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que se ha mostrado "de acuerdo" con las consideraciones. En concreto, el texto evidencia que las fundaciones culturales gallegas "conforman un grupo económicamente muy débil" y "excesivamente dependiente de las ayudas públicas", así como con "escasa capacidad para la captación de fondos privados", por lo que ha instado a mejorar esta situación a través de mecanismos como una mayor exigencia de dotación fundacional inicial. "Se recomienda disminuir lo que se considera excesivo peso de las ayudas públicas en el conjunto de los ingresos fundacionales y evitar que acaben centrándose en unas pocas fundaciones que, además, suelen ser las de mayor tamaño y las de mayor capacidad para generar recursos propios", señala el informe.

En contraposición, el CCG cree que debería "estimularse" la aportación privada a estas entidades para que "puedan ser viables" a través de mecanismos como la modificación de la Ley de Mecenazgo, que haga la inversión privada "más atractiva" con "una deducción impositiva para las aportaciones a las fundaciones" por parte de empresas.

El informe recomienda, además, la "centralización del ejercicio del Protectorado en un solo organismo administrativo con mayor capacidad de intervención y regulación" en lugar de los 11 protectorados actuales.
"Sería de gran interés que se llevase a cabo una completa profesionalización de la estructura administrativa que ejerce las funciones de Protectorado", explica el informe, que insta a la Xunta a dotar a este organismo único de los "recursos necesarios" para desarrollar su labor y de "modelos normalizados de presupuestos, de cuentas y de memorias de actividades".

El CCG estima que "el principal problema detectado" en la realización del informe es "la falta de cumplimiento de las obligaciones que deben realizar las entidades ante su protectorado", así como la "constatación de la existencia de un elevado número de fundaciones sobre las que no se tiene conocimiento de su funcionamiento". "Observamos un alto porcentaje de fundaciones que tienen poca o ninguna actividad y solo un tercio de ellas presentan anualmente los informes de actividades que se demandan", ha sentenciado Ramón Villares. La propuesta del Consello da Cultura estima necesario diferenciar a nivel jurídico las 'fundaciones de interés gallego' y las 'fundaciones gallegas', eliminando el criterio de territorialidad, así como tener consideración especial a aquellas que sean de especial interés para Galicia.

El conselleiro de Cultura se ha mostrado de acuerdo con las consideraciones del CCG y ha recordado que el actual mapa de fundaciones culturales de Galicia presenta problemas de autofinanciación. "Se pretende que las fundaciones que se creen de nuevo deben nacer con más fondos, contar con más participación privada y regular la participación de carácter público", ha señalado Varela, que ha visto este informe una herramienta válida para el futuro. En la actualidad Galicia cuenta con 520 fundaciones de interés gallego, el 90% creadas a partir de 1983 y de las que 136 pueden considerarse culturales. Aunque no se conocen de forma precisa las actividades de todas, siete fundaciones culturales tuvieron una media de ingresos superiores a los 2,3 millones de euros durante los últimos 5 años y acapararon, además, 6 de cada 10 euros del total de subvenciones concedidas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu ao presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e representantes da súa Comisión Executiva, que fixeron entrega do ‘Informe sobre a regulación e organización e funcionamento das fundacións culturais de interese galego’ que propón actuar respecto das fundacións de interese cultural cuns criterios de mellora que permitan a súa eficacia e eviten a fragmentación. Roberto Varela apuntou que o informe elaborado polo Consello da Cultura Galega a petición da Xunta de Galicia, “achega unha descrición moi boa do estado actual e abre novas portas de viabilidade de cara o futuro”.

Na xuntanza mantida na Consellería de Cultura e Turismo, o conselleiro manifestou ”non poder estar máis de acordo co informe e as súas conclusións”. Respecto ao mapa actual da proliferación das fundacións, Roberto Varela compartiu os obxectivos do informe asegurando que “as fundacións teñen que nacer con fondos fundacionais máis importantes, así como dispoñer dunha maior participación privada que permita a súa viabilidade e, por suposto, regular a participación das administracións públicas”. O conselleiro salientou asemade que “evidentemente, hai que distinguir entre as fundacións que teñen un carácter simbólico daquelas que non o teñen”.

Segundo o conselleiro, dentro do informe sobre a situación actual e propostas para o futuro sobre as fundacións culturais galegas, destaca “a creación dunha lei de mecenado ou unha lei que exonere de impostos a empresas privadas que participen nas fundacións”. Roberto Varela apuntou que “o futuro da cultura en xeral pasa por esa participación privada sobre todo nun tempo de crise” polo que “o mecenado privado é cada vez máis importante”. O responsable de Cultura non quixo restar relevancia á participación pública, á que destacou “sobre todo no caso das fundacións simbólicas que non poden abastecerse por elas mesmas”. “De todos os xeitos, se unha fundación pode dispor de fondos como por exemplo, os dereitos de autor, o recomendable seria que a fundación se mantivera grazas a eles”, engadiu.

Respecto a validez do informe e a súa aplicación, o responsable da área de Cultura anunciou que desde o seu departamento “estudarase para traballar no futuro de cara a participación ou non en novas fundacións”. Do mesmo xeito apuntou a súa utilidade “no momento que se nos consulte sobre a posibilidade de crear unha nova fundación para ver se cumpre con estas condicións de gran importancia”. Varela sinalou que “non se trata de acabar coas fundacións senón de racionalizar o seu uso, moi importante para a preservación da cultura galega”. “Existen alternativas as fundacións que non teñen ese réxime tan estrito pero que teñen unha autoridade publica innegable”, engadiu. Tocante ao elevado número de fundacións existentes en Galicia, o conselleiro subliñou que “temos que traballar no sentido de unificar algunhas delas de maneira que sexan máis viables e máis rendibles, así como asesorar a futuras fundacións”.

Roberto Varela advertiu que o ‘Informe sobre a regulación e organización e funcionamento das fundacións culturais de interese galego’ “non é un documento para hoxe senón para os próximos anos”, polo que se intentará “que a política de fundacións da Xunta vaia acorde con este informe”. O conselleiro resaltou deste documento de traballo a súa “vinculación moral” e matizou que pese a non ter forza de lei, “ten unha forza moral apreciable xa que o Consello da Cultura Galega defínese sobre esta situación como órgano asesor estatuario que é”.

O informe foi solicitado polo conselleiro de Cultura e Turismo e elaborado por unha comisión técnica temporal creada no Consello da Cultura Galega a finais de 2010. O pleno desta institución aprobou o pasado mes de xullo o informe que, entre outras propostas, recomenda a centralización do exercicio do protectorado nun só organismo administrativo con maior capacidade de intervención e regulación. O documento ofrece unha reflexión xeral sobre a situación e os principais problemas que presenta o sector fundacional en Galicia e recomenda unha reforma do actual marco normativo para intentar mellorar a actual regulación das fundacións de interese galego, en particular das culturais, e a súa organización, funcionamento e actuación. Galicia conta con 520 fundacións de interese galego, das que o 90% foron creadas a partir de 1983.

No referido ao réxime xurídico, o informe propón diferenciar entre “fundacións de interese galego” e “fundacións galegas”, eliminando o criterio de territorialidade, o que permitiría ás primeiras actuar fóra de Galicia. Recomenda, ademais, un especial rigor na esixencia dos requisitos para singularizar “o especial valor simbólico” dalgunhas fundacións galegas e un carácter temporal para esa declaración.
R.