Skip to main content

226 conciertos en 26 salas integran el programa de la Rede Galega de Música ao Vivo hasta junio

El director de la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero; el secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; y el secretario de la Asociación Clubtura, David Paz, han presentado el circuito, que contará con un presupuesto de 96.900 euros en esta fase, de los que el 85% son aportados por Agadic (más de 82.300 euros) y el resto por las salas participantes. Durante la rueda de prensa, tras la que actuó uno de los grupos participantes, Sinestesia, Anxo Lorenzo ha destacado que la Xunta apuesta por hacer de Agadic el "pivote fundamental" y la "fuerza motriz" para apoyar a las industrias culturales gallegas.

La programación de la Rede de Música ao Vivo, ha dicho, pretende llevar propuestas "de calidad" a lugares "más allá" de los que ya las pueden programar" por sí mismos. En este sentido, el representante de Clubtura ha destacado que la iniciativa es especialmente importante para pequeños municipios.



Entre las salas adscritas a la red se encuentran A Fundación, Gatos y la Sala 600, de Melide (A Coruña); el Pub d'Antón, en A Laracha (A Coruña); Super8, en Ferrol; el Ultramarinos, en Santiago; el Bâbâ, el Forum Celticum, el Jazz Filloa o el Garufa; de A Coruña; la Sala Clavicémbalo, de Lugo; la Sala Auriense, de Ourense; el Baranda, en O Barco; el Roi Xordo de Allariz; el Aturuxo, de Bueu (Pontevedra); el Marrucho, de Baiona (Pontevedra), la Sala Karma, de Pontevedra, o el Contrabajo, la Casa de Arriba, la Iguana Club y la Fábrica de Chocolate, de Vigo.

Los cuatro grupos de artes escénicas con el Mago Teto, el Mago Benxamím, Elefante Elegante y Obras Públicas. Entre las bandas musicales se encuentran estilos tan diversos como los de Aló Django Trío, Colectivo Oruga, Dios ke te Crew, Eladio y los Seres Queridos, Igloo, Ith, Maryland, Novedades Carminha, Os da Ría, Samesugas, Telephones Rouges, Voltaica, Zënzar o Xan Campos Trío.

El secretario xeral de Cultura ha subrayado que es necesario trabajar para hacer del tejido cultural gallego una industria que se pueda desarrollar en el mercado y que esté "en disposición de generar recursos y capital", así como puestos de trabajo. La intención es "que tenga cierto nivel de autosuficiencia". El responsable de Agadic ha recalcado que la red da cabida, además de a bandas de música, a disciplinas como las artes escénicas. Para la programación de este semestre, ha explicado, se hizo un análisis de las salas que participaban en el circuito, que derivó en que algunas de ellas lo abandonasen, "básicamente por carencias técnicas". Ahora son 29, aunque el número es ampliable hasta 35, ha dicho. En cualquier caso, ha aclarado que no hay cambios en la normativa de la red y ha explicado que Agadic aporta siempre el 85% del caché de los artistas, aunque estos pueden negociar con la sala acuerdos al margen. El compromiso de los locales, ha expuesto, es programar tantas actuaciones como corresponda al resultado de dividir su asignación entre 800 euros.

El secretario de Clubcultura ha afirmado que la crisis se ha dejado notar también en el ámbito de la música en directo, con un "bajón" en los últimos años. Las bandas, ha añadido, son conscientes de ello y tienen cachés "más adecuados" a la situación económica y se avienen a negociar "más a la baja". El público, por su parte, "asiste".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Un total de 69 bandas musicais e 4 compañías escénicas, a meirande parte delas galegas, conforma a nova carteleira da Rede Galega de Música ao Vivo, que desenvolverá ata finais de xuño 226 actuacións en 29 salas de toda Galicia. O concerto que o trío 3Azoteas ofrecerá mañá día 15 no Jazz Filloa da Coruña abre a programación de 2012 neste circuíto que, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) en colaboración coa asociación de salas Clubtura, cumpre nestas datas os seus cinco anos de actividade ininterrompida.

Estas cifras foron detalladas polo director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, que presentou esta mañá a programación de 2012 xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e co secretario da Asociación Clubtura, David Paz, no pub Ultramarinos de Santiago de Compostela. O director de Agadic incidiu no grande avance experimentado pola rede canto á súa profesionalización, tanto desde o punto de vista das salas como dos grupos e especialmente desde a implantación, hai agora un ano, dunha nova normativa de funcionamento.

Así mesmo, Fasero destacou que a Rede Galega de Música Ao Vivo logrou neste tempo cumprir cos obxectivos fixados na súa creación e consolidarse como a máis ampla e estable canle galega para a distribución de música ao vivo en locais de aforo reducido, á que teñen acceso tantos os grupos consolidados como os emerxentes.

Pola súa parte, o secretario xeral de Cultura destacou como un claro obxectivo desta iniciativa “a promoción do tecido produtivo das nosas industrias culturais”. A este respecto, recordou que “a realidade actual nos esixe centrar as políticas culturais en liñas de estimulación do emprego no ámbito da creatividade e a Rede Galega de Música ao Vivo permítenos avanzar nesta dirección”. “Tamén nos permite –engadiu– poñer en valor a música e as artes escénicas en Galicia, e amosar a importancia destes sectores tanto para o desenvolvemento da cultura propia como para o impulso das nosas industriais culturais”.

Fasero tamén subliñou o salto cualitativo experimentado tras o estudo técnico que levou a cabo a Axencia para avaliar as salas canto á súa dotación técnica, programación e localización, entre outros aspectos, de xeito que desde 2011 todos os espazos adscritos á rede cumpren cunha serie de estándares que garanten mellores condicións para o desenvolvemento das actuacións. Tamén de acordo con esta nova normativa, todos os concertos programados deben ser producidos e/ou distribuídos de xeito profesional.

Para este primeiro período de 2012, a Rede conta cun orzamento total de 96.893 euros, do que un 85 por cento corresponde á Agadic (82.359 euros) e o 15 por cento restante (14.534 euros) aos 29 espazos adscritos, a través dos que esta programación chega a 21 localidades galegas: A Coruña (BâBâ Bar, Garufa e Jazz Filloa), A Laracha (Pub d’Antón Rock Café), Allariz (Café-Cultural Roi Xordo), Baiona (Marrucho), Bueu (Aturuxo), Caldas de Reis (Zona Zero), Cangas do Morrazo (SalaSon), Culleredo (Forum Celticum), Ferrol (Sala Super8), Lugo (Clavicémbalo), Marín (Ache), Melide (A Fundación, Pub Gatos e Sala 600), O Barco de Valdeorras (Baranda), O Grove (Náutico), O Porriño (Bar Liceum), Ourense (Auriense Café Cultural), Ponteareas (A Regueifa), Pontevedra (Sala Karma), Santiago de Compostela (Ultramarinos), Vigo (Contrabajo, El Ensanche, La Casa de Arriba, La Fábrica de Chocolate e La Iguana Club) e Vilagarcía de Arousa (Sama Sama).

Rock, pop, folk, blues, electrónica, jazz e a canción de autor son, entre outros, os estilos nos que poden inserirse os 69 grupos de música que figuran nesta axenda cultural, na que tamén hai lugar para a escena, con 8 funcións teatrais a cargo das compañías Elefante Elegante e Obras Públicas, e 6 de maxia cos magos Benxamín e Teto.

O pub Ultramarinos, no que tivo lugar a presentación da programación, é un excelente exemplo da variedade na oferta da rede, cun total de 8 citas culturais, das que 5 son concertos de diferentes estilos e 3 funcións escénicas: ademais de ser o encargado de pechar o acto de hoxe, o grupo compostelán de rock Sinestesia abrirá o programa do Ultramarinos o 14 de marzo, para dar paso a Max Gómez & Paco Charlín Quartet (18 de abril), Fados de Lisboa de Elefante Elegante (25 de abril), Sés (21 de maio), Mago Teto (22 de maio), Aló Django Trío (23 de maio), Life is a paripé de Obras Públicas (24 de maio) e Xan Campos Trío (20 de xuño).

A programación completa pode ser consultada a través da sección de axenda da páxina web da Agadic (www.agadic.info/Axenda), para a que se habilitou un buscador de funcións por data, localidade, espazo, grupo e tipoloxía. Ademais, a Agadic acaba de editar o undécimo número da súa revista Ao Vivo Música, dedicada á promoción e difusión dos artistas e grupos galegos, con especial atención á actividade da Rede Galega de Música ao Vivo.
R.