La facturación de las industrias culturales en la eurorregión Galicia-Norte de Portugal supera los 2.300 millones de euros anuales
Para la realización de este estudio se han analizado los datos de facturación de 2009 de las más de 7.400 empresas tanto de Galicia como del Norte de Portugal que desarrollan su labor mercantil de manera continuada en ambas regiones en este sector. Como conclusión general, se ha observado que se trata de un sector con empresas de reciente creación y "muy equilibrado", dado que prácticamente la mitad de las empresas se encuentran en Galicia y la otra mitad en la región norte de Portugal.
Según han destacado los responsables de la investigación, es un sector que "no precisa de grandes inversiones", dado que sus infraestructuras importantes se encuentran desarrolladas en la eurorregión. En Galicia, el informe ha analizado la situación de 3.814 empresas que desarrollan su actividad de forma específica dentro de las industrias culturales y están reflejadas en el registro mercantil. Estas sociedades facturaron en 2009 más de 1.130 millones de euros y dan trabajo a más de 21.200 personas, un 2,17 por ciento del empleo total de Galicia, que se concentra sobre todo en el sector de la edición y la impresión. En el caso del norte de Portugal, se tuvo en cuenta la actividad de 3.596 empresas inscritas en el registro mercantil, que facturaron en 2009 más de 1.180 millones de euros y dieron empleo a más de 43.350 personas, el 3,55 por ciento del total del trabajo en la región.
Los responsables del informe han incidido en el "potencial" que presenta la cultura para "generar crecimiento y empleo", así como su alto índice de "emprendimiento" y la "elevada cualificación" de sus trabajadores. En el punto contrario, han apuntado como problemas del sector la "fuerte crisis económica", sobre todo en la segunda mitad de 2011, la "excesiva atomización" de las empresas y la "baja internacionalización" de su trabajo.
Entre los retos de futuro que propone este informe está la potenciación de la internacionalización, la conformación de nuevos instrumentos de apoyo a las empresas más allá de las subvenciones, la reorientación de las infraestructuras culturales hacia la producción, la inversión en educación para aumentar la demanda y la generación de un observatorio común de las industrias culturales. En el caso gallego, el grupo de expertos aboga también por crear un "único clúster" para las industrias culturales y aumentar el presupuesto cultural y, para Portugal, apuesta por trabajar especialmente en sectores como el audiovisual, poco desarrollado en la zona norte.
Más de 140 personas asistirán entre este jueves y el viernes a la conferencia internacional 'Las industrias creativas como llave para el futuro: análisis y perspectivas', organizada por la GNP-AECT y cuya sesión inauguran ha tenido lugar en la Cidade da Cultura. En concreto, el acto de apertura contó con la participación del secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, el director de Relaciones Exteriores de la Xunta, Jesús Gamallo, y el director general de las Artes del Gobierno portugués, Samuel Rego.
La jornada se trasladará, para su conclusión, al Paço dos Duques de Bragança de Guimaraes, como parte de la programación que desarrolla esta ciudad lusa como Capital Europea de la Cultura 2012. La sesión ha contado, además de con la presentación de este informe, con las intervenciones de Andy Pratt, profesor del King's College de Londres; y de Víctor Fernández Blanco, docente de la Universidad de Oviedo.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
As industrias culturais e creativas (ICC) de Galicia e do Norte de Portugal suman máis de 7.400 empresas –sociedades mercantís na meirande parte dos casos– e unha facturación de 2.323 millóns de euros anuais, segundo os datos que figuran nos correspondentes rexistros mercantís e que ofrecen magnitudes totais moi similares a ambas beiras do Miño. Así se recolle no estudo As industrias creativas en Galicia e o Norte de Portugal: análise cuantitativa, que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da eurorrexión (GNP-AECT) elaborou ao longo de 2011 e presentou en Santiago no marco da Conferencia Internacional “As industrias creativas como chave para o futuro: análise e perspectivas”.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo; e o director xeral das Artes do Goberno portugués, Samuel Rego, foron os encargados de inaugurar esta mañá na Cidade da Cultura a primeira xornada deste encontro, que mañá se traslada ao Paço dos Duques de Bragança de Guimarães como parte da programación que desenvolve a cidade lusa como Capital Europea da Cultura 2012.
Durante o acto de apertura, Anxo Lorenzo incidiu no interese desta iniciativa para “analizar, cunha perspectiva atlántica, as claves para os vindeiros anos da nosa industria cultural e creativa”. “Só unha industria cultural sólida –dixo– nos vai permitir contar cunhas manifestacións creativas con futuro e con presenza internacional”.
Respecto do papel da Administración pública, Lorenzo amosou a súa aposta por “impulsar e favorecer un campo de colaboración, de coñecemento e de reflexión que facilite a exploración en novos formatos, convencidos de que as industrias creativas poden ser un sector estratéxico do eixo atlántico”. Por iso considerou moi positivo levar as reflexións da conferencia “ás dúas sesións dunha beira e doutra do Miño”. “Únennos as augas, temos linguas irmás e debemos seguir fortalecendo un espazo cultural e empresarial ben conectado”, concluíu.
Segundo palabras do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, as industrias culturais e creativas son importantes impulsoras da innovación económica e social en moitos sectores da economía, principalmente no campo das tecnoloxías da información, a comunicación, a innovación e o turismo. Polo que, destacou que este é o foro adecuado para lembrar que as políticas de apoio ás industrias culturais e creativas deben ter sempre en conta unha dimensión local e rexional, poñendo en valor a contribución que estas industrias fan ao desenvolvemento económico e á cohesión social do territorio.
O encontro organizado pola GNP-AECT serviu de marco para facer público o informe que, realizado en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coas entidades portuguesas Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas (ADDICT) e Agência Metropolitana de Desenvolvimento Regional (Primus), ofrece a través das súas máis de 300 páxinas un exhaustivo perfil empresarial das ICC de Galicia e do Norte de Portugal. O director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, foi o encargado de expoñer algunhas das conclusións do documento para o caso de Galicia, en tanto que Ricardo Luz, en representación de ADDICT, fixo o propio no tocante ao territorio luso.
Na súa intervención, Fasero fixo fincapé en que Galicia é “pioneira na realización de estudos sobre as industrias culturais desde o punto de vista estritamente empresarial” e que, á vista dos datos obtidos, confírmase a gran potencialidade do sector como factor de crecemento económico e de xeración de emprego, así como a súa capacidade globalizadora. Neste sentido, reivindicou a unión de Galicia e o Norte de Portugal para gañar en competitividade e fortalecer as súas industrias culturais no mercado internacional.
Para o director da Agadic, trala obtención desta visión detallada sobre a situación actual das ICC na eurorrexión, as institucións públicas teñen agora a misión de definir novas estratexias e accións concretas a curto e medio prazo para que as industrias culturais e creativas consoliden e mesmo aumenten o seu peso como sector económico estratéxico.
As industrias creativas en Galicia e o Norte de Portugal: análise cuantitativa recompila e analiza os últimos datos mercantís dispoñibles, con data de xaneiro de 2010, segundo os que as empresas culturais e creativas da eurorrexión dan emprego a máis de 29.000 persoas. Trátase, neste sentido, do estudo máis completo de todos os realizados ata o momento na Península Ibérica, aínda que non analiza os datos correspondentes a autónomos, administracións públicas ou asociacións.
De feito, no caso de Galicia analízanse os datos dun total de 3.814 empresas que presentan contas no Rexistro Mercantil, mentres que o Directorio Central de Empresas do INE (Instituto Nacional de Estadística) ten rexistrado en 2011 un total de 13.543 empresas no ámbito das ICC. Atendendo exclusivamente aos rexistros do INE, conclúese que as empresas culturais e creativas galegas aumentaron o seu número nun 1,11% respecto a 2010 e nun 3,43% respecto a 2008, elevando tamén o seu peso relativo no tecido galego ata un 6,89%. Trátase, ademais, dunha “tendencia de signo inverso” á experimentada polo conxunto de empresas en Galicia –cunha diminución do 1,18% respecto a 2010, segundo as mesmas fontes– que confirma o mellor comportamento deste sector no actual contexto de crise económica.
Por ámbito xenérico de actividade, das máis de 3.800 empresas galegas analizadas un 56,36% insírense especificamente no terreo das industrias culturais (produto gráfico, audiovisual, música e radio), un 28,52% nas industrias creativas (deseño, arquitectura, publicidade e TIC) e o 15,12% restante nas chamadas Core Arts (artes escénicas, artes plásticas, fotografía, bibliotecas, museos, arquivos e patrimonio). Nesta panorámica global das ICC galegas, o sector do produto gráfico destaca como o de maior dimensión tanto respecto ao número de empresas (un 23,47% do total) como ao volume de negocio, xerando un 60% do total.
A facturación das industrias culturais e creativas en Galicia ascendeu a 1.134 millóns de euros en 2009, cifra á que –xunto co produto gráfico– tamén contribuíron de xeito relevante sectores como o audiovisual (cine, televisión, vídeo, radio e as novas tecnoloxías da información e comunicación) cun 17% e a música e artes escénicas cun 10%. En canto ao emprego e segundo os datos da Seguridade Social correspondentes a marzo de 2011, as ICC daban traballo nese momento a un total de 21.263 persoas, cifra que representa un 2,17% do total.
As conclusións extrapolables tanto a Galicia como ao Norte de Portugal confirman o dinamismo deste sector, que destaca tamén pola súa capacidade para xerar emprego aínda en contextos de crise e que, a pesar da súa atomización, conta con “empresas de referencia internacional” e cun gran “potencial de crecemento fronte a sectores máis maduros”.
Tendo en conta estas características, así como o actual contexto de crise e contención do gasto público, perfílanse ademais vías de actuación posibles destinadas a favorecer a dinamización e competitividade do sector cultural da eurorrexión tanto a nivel económico e empresarial. Destacan, neste sentido, o desenvolvemento de programas para acceder aos mercados internacionais, máis alá da asistencia a feiras profesionais, así como a articulación de novos instrumentos que incidan nos modelos de financiamento empresarial, formación e innovación (co-creation, crowdfunding…).
O informe aposta, ademais, pola reorientación das infraestruturas culturais cara ao produción e non exclusivamente cara ao consumo, así como o impulso do investimento en formación e educación co obxectivo de estimular a demanda e favorecer un cambio nos hábitos de consumo, entre outras propostas.
Organizada pola GNP-AECT, coa colaboración da Agadic e a ADDICT, a Conferencia Internacional “As industrias creativas como chave para o futuro: análise e perspectivas” terá congregado nas súas xornadas de Santiago e Guimarães máis de 140 asistentes, maioritariamente empresarios e axentes culturais, ademais de representantes institucionais e académicos de ambos países.
A sesión de hoxe contou tamén coas intervencións de Andy Pratt, profesor do King’s College de Londres, quen abordou o desenvolvemento das empresas creativas en clave de futuro; e de Víctor Fernández Blanco, mestre da Universidade de Oviedo, quen incidiu nos desafíos e oportunidades para este tipo de empresas.
Fotografía: Xunta de Galicia.

R.