Skip to main content

Manos Unidas denuncia la explotación infantil con la exposición Soñando un futuro

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, inaugurou a exposición Soñando un futuro, organizada por Manos Unidas e que permanecerá exposta no edificio administrativo da Xunta en Lugo ata o día 11.

A mostra presenta, a través dunha vintena de fotografías, diferentes situacións de abuso e explotación ás que se ven sometidos nenos e nenas en países en vías de desenvolvemento. A delegada territorial subliñou a importancia de transmitir esta mensaxe “para que neste primeiro mundo sexamos conscientes daquelas realidades e respondamos con solidariedade”.

As fotografías denuncian a imposibilidade de acceso dos menores á educación e á sanidade, así como as condicións de explotacións nas que se ven obrigados a traballar dende moi pequenos. Ao respecto, Arias reivindicou o dereito de todos os nenos e nenas a ter unha vida digna independentemente do país no que vivan, e incidiu en que “a cooperación é responsabilidade de todos”.

A delegada agradeceu a Manos Unidas o seu labor “e a oportunidade que nos deron de implicarnos neste proxecto, para sensibilizar á sociedade de que con un pequeno esforzo contribuímos a facer moito polos máis débiles”.

Así mesmo, lembrou que a Xunta de Galicia actúa a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e Unión Europea desenvolvendo o II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, a través do cal se teñen financiado 136 intervencións en 28 países, cun promedio de 94.000 euros por proxecto a través de todos os instrumentos de axuda.

Este plan tense revelado como un instrumento de planificación coherente e cun deseño adecuado ás particularidades e dimensións da cooperación galega de xeito que, aínda cos axustes orzamentarios que condicionaron o pleno despregamento dos seus efectos, satisfaga as expectativas dos actores de cooperación.

A exposición pode ser visitada no edificio administrativo de 11 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas. Neste horario, haberá colaboradores de Manos Unidas para explicar o contido e o motivo desta mostra, que segundo explicou no acto a presidenta da organización en Lugo, Amalia Hermida, non é outro senón ser un revulsivo para as conciencias.

Fotografía: www.manosunidas.org
R.