115 entidades gallegas podrán beneficiarse de la línea de ayudas convocada por el Gobierno gallego y que asciende a 350.000 euros
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia do luns, 1 de outubro, a resolución das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, para a realización de programas culturais que se desenvolven en Galicia e para os gastos de funcionamento derivados deles. A través desta liña de subvencións, convocada pola Secretaría Xeral de Cultura, a Consellería destinará 349.479 euros para que un total de 115 asociacións e fundacións de toda a Comunidade Autónoma desenvolvan un amplo programa de actividades culturais.
O obxectivo principal desta convocatoria de subvencións é apoiar aquelas entidades que, co labor que veñen desenvolvendo, contribúen a garantir unha programación cultural diversa e de calidade para a cidadanía, favorecendo a cohesión territorial e social.
Para a adxudicación das axudas, a comisión avaliadora tivo en conta a actividade cultural levada a cabo pola entidade durante os últimos anos, o carácter continuado do proxecto, en función do número de edicións realizadas, así como a repercusión social da iniciativa. Para favorecer a cooperación, outro dos criterios que se tiveron en conta foron o número de entidades participantes no desenvolvemento da actividade, así como, tamén valorouse o nivel de autofinanciamento da iniciativa.
Apoio á realización dunha diversa programación cultural
Segundo estes e outros criterios técnicos e obxectivos, as contías das axudas varían entre os 150 e os 9.900 euros por asociación ou fundación. As entidades beneficiarias realizan todo tipo de actividades culturais, que abranguen dende a organización de festivais musicais e teatrais ata a difusión da obra dos artistas galegos máis senlleiros, a organización de certames literarios e de espectáculos de danza, a promoción e recuperación do patrimonio inmaterial galego ou a difusión da produción artística e cultural de Galicia.
No marco desta colaboración coas asociacións e fundacións para a dinamización cultural de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura tamén convocou en 2013 unha liña de axudas por importe de 250.000 euros para a mellora dos equipamentos culturais destas entidades, co fin de que poidan contar con instalacións e locais axeitados nos que desenvolver a súa actividade.
Fotografía: archivo GD

R.