Skip to main content

Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa y Marc Marginedas ganan el X Premio José Couso de Libertad de Prensa

La X edición del premio José Couso a la libertad de prensa, que conceden los integrantes del Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia y del Club de Prensa de Ferrol, ha recaído en la candidatura conjunta integrada por los periodistas Marc Marginedas, Ricardo García Vilanova y Javier Espinosa, profesionales que fueron secuestrados en Siria durante el ejercicio de su profesión. El fallo del premio, en memoria del cámara de Telecinco asesinado en la Guerra de Irak en 2003, y cuya entrega coincide con el undécimo aniversario de su muerte, se ha dado a conocer en un acto celebrado en la sede de La Caixa en A Coruña.

Al premio José Couso optaban este año cinco candidatos: Edwy Plenel, hombre clave del diario francés Mediapart; la mexicana Lydia Cacho, conocida por sus reportajes de investigación sobre el narcotráfico; el tabloide británico The Guardian; y eldiario.es; además de la candidatura conjunta de Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa y Marc Marginedas.

Nota de prensa remitida por el CPXG:

A candidatura conxunta de Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas foi proclamada como a gañadora da X Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social la Caixa.

O fallo deuse a coñecer na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou tamén cunha multiconferencia cos tres galardonados. Os tres profesionais, secuestrados en Siria e recentemente liberados, compartían candidatura en recoñecemento ao seu traballo e á difícil labor de informar nestes momentos en Siria, con mención especial a Vilanova polo seu traballo como freelance sen ter a cobertura dun gran medio detrás.

O acto comezou coa intervención do vicepresidente do Club de Prensa de Ferrol, Xoán Rubia, quen agradeceu a súa presenza ao público asistente e salientou que este ano é o décimo do galardón impulsado polo Club de Prensa e o CPXG co apoio de 'la Caixa', sen o que non tería sido posible chegar a esta edición. Rubia lembrou ademais que o 30 de abril terá lugar a entrega do premio en Ferrol, que, como cada ano, irá acompañada do Concerto pola Liberdade, este ano a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.

A continuación, o secretario do premio, Darío Janeiro deu lectura á acta do fallo, asinada polo señor notario D. Héctor Pardo García, do Ilustre Colexio Notarial de Galicia. Abertos e recontados os votos, este levantou acta do resultado entre os cinco candidatos que optaban ó galardón, resultando vencedora a candidatura de García Vilanova, Espinosa e Marginedas. Como cada ano, a candidatura gañadora foi elixida en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa.

Janeiro quixo transmitir "unha vez máis, o alento e o apoio total á familia de José, que loita incansablemente, contra as dificultades que vai atopando". "Tamén é o momento -sinalou- de facer constar os esforzos que o xuíz Pedraz está realizando para evitar o arquivo do caso". Aproveitou tamén para facer un reconto dos galardoados, agradecendo o traballo desinteresado de todas as persoas que colaboraron nestes dez anos.

Xosé Manuel Pereiro, decano do CPXG, expresou a súa convicción de que "o premio deste ano non é concedido aos gañadores polo feito do secuestro en si, senón polas condicións nas que desenvolven o seu traballo os xornalistas en situación de conflito". "Ademais", engadiu, "cada vez teñen menos asistencia dos grandes medios, o que fai que a súa situación sexa máis precaria, o mesmo que a información que fan chegar á cidadanía".

Pola súa banda, Marc Arthur Benhamou, Director territorial de ‘la Caixa’ en Galicia, asegurou que para esta entidade "poder participar na organización deste premio á liberdade de prensa é un orgullo, ademáis dunha cuestión ética". Benhamou quixo, "pese á dureza das cifras", quixo facer unha chamada ao optimismo "porque non nos queda outro remedio que defender aos xornalistas como unha parte esencial da calidade democrática de calquera país"e recoñeceu a súa "admiración" cara aos premiados.

O acto finalizou cunha multiconferencia cos tres xornalistas premiados. Nela, Marginedas afirmou que, para el, "o xornalismo é estar aí e ir aos sitios onde está a noticia, e tamén pórlle cara aos números". Javier Espinosa tamén incidiu neste tema da importancia de estar nos lugares onde se producen os feitos e comentou que "un freelance, por exemplo, cobra uns cen euros por unha reportaxe e un escolta, nestes lugares, cobra douscentos, co que acaban desenvolvendo o seu labor sen escolta". García Vilanova, pola súa banda dixo que estaba “abrumado” polo apoio recibido nestes meses e quixo dar as grazas especialmente aos compañeiros, encabezados por Gervasio Sánchez, que o estiveron a apoiar nestes meses de secuestro e que puxeron en marcha unha iniciativa para que recupere o seu equipo de traballo, dado que nestes meses non tivo ningún ingreso. Os tres xornalistas confirmaron a súa asistencia aos actos de entrega do premio, que terán lugar o vindeiro 30 de abril en Ferrol.

Ricardo García Vilanova (Barcelona, 1972) é un video e fotorreporteiro freelance que leva 15 anos traballando como fotoxornalista. O seu traballo publicouse nos xornais e revistas máis prestixiosos e expúxose en varias capitais do mundo. Desde o 16 de setembro ao 29 de marzo estivo secuestrado en Siria por un grupo vinculado a Al Qaeda.

Xunto a el foi tamén secuestrado Javier Espinosa, enviado especial do xornal El Mundo ao conflito sirio. Nacido en Málaga en 1964, iniciou a súa carreira xornalística en Canarias e desde 1994 publica en El Mundo, onde ten sido correspondente en México e Marrocos.

Marc Marginedas, pola súa banda, naceu en Barcelona en 1967 e comezou a súa traxectoria profesional hai 25 anos como correspondente en Arxelia. É redactor de El Periódico desde 1992 e na actualidade exerce como enviado especial en zonas de conflito, como Irak, Afganistán ou Siria. Foi secuestrado nos arredores de Hama o 4 de setembro e liberado o pasado 2 de marzo.

Con Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas xa son dez os galardoados co Premio das Ás Ceibes. Ademais destes tres xornalistas, os outros gañadores do Couso foron: Ali Lmrabet (2005), Le Monde Diplomatique (2006), Jon Lee Anderson (2007), José Vidal – Beneyto (2008), Rosa María Calaf (2009), Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010), WikiLeaks (2011), o Consejo de Informativos da RTVE (2012) e Mónica García Prieto (2013).

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’ organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.
R.