La plataforma Voltar á Terra lucha porque los jóvenes emigrados puedan trabajar en Galicia

A Galería Sargadelos acolleu a presentación da plataforma Voltar á Terra, impulsada un grupo de galegas e galegos arredor do mundo tras artellar un grupo de traballo que apoiado pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía culminou na creación da plataforma Voltar á Terra, coma explicou Manolo Do Val, pai de moza emigrada e coordinador da iniciativa.
Despois da proxección dun vídeo feito por galegas de todo o mundo lendo o manifesto que se fixo público, Do Val lembrou en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, amais 200.000 persoas abandonaron Galiza dende o 2007, a suma da poboación das cidades de Ferrol e Lugo, dando un novo pulo a sangría emigrante que nunca deixamos de padecer.
Pola súa banda, Natalia Cabana, que emigra cara Inglaterra o vindeiro martes, explicou que Voltar á Terra nace coa vontade de xerar conciencia entre as persoas que viven na Galiza e as que que tiveron que emigrar, esixindo entre todas cambios políticos que nos permitan vivir dignamente no noso País e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo Esta mesma situación vivírona varias décadas atrás Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros dos emigrantes retornados, que chamaron a fornecer ferramentas propias coma a plataforma para rachar o círculo de dependencia que nos forza a emigrar.

R.